Ir al contenido principal

Entradas

Tecendo Identidade(s): roteiro virtual republicano

Entradas recientes

Adeus a outra promoción: só tres segundos de memoria bastarán para recordarvos

  Discurso pronunciado por Carme Moure Espiño no acto de graduación da promoción 2017- 2023.   Hai cousa dun mes , Laura, tras unha hora e cuarto de exame de literatura, convidoume a ler o discurso neste acto de graduación, e eu aceptei case de contado, sen apenas reflexión previa. Ese xoves, de camiño á casa, foron pasando pola miña memoria, dun xeito sucesivo e moi emocionado, ducias de imaxes que vos tiñan a moitas e moitos de vós como protagonistas. Lembranzas de hai seis anos, daquel 2017, cando   recén chegada ao Xelmírez, entrei nas aulas materia 211 e 212 e alí estabades, 1º ESO B e 1º ESO C, o meu primeiro alumnado neste centro, a quen despois vos fostes sumando outros nomes ao longo destes cursos.   Con vós compartín bocadillos e clubs de lectura ata rematar a ESO, aulas de igualdade en 2º, titoría de convivencia en 3º (naquel ano Covid que nos puxo tan la proba), mediación en 4º, Coeducación en 1º Bacharelato e para rematar o ciclo, 2º BAC. Un final de etapa que vos