Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Libre o meu pensamento!

Agradecementos:  Adrián Aceituno e Brais Merelas, alumnos do CM Vídeo disc-jockey e son, autores das fotografías. Lucas Rei Seoane, profesor que realizou a montaxe en vídeo. Honramos á nosa poeta máis internacional cunha poderosa maniFESTacción na que tamén participou o IES Rosalía de Castro e que contou coa colaboración do Concello. Parabéns a todo o alumnado que traballou con ilusión tanto no deseño das pancartas coma no estudo da obra rosaliana; especialmente a Sálvora Ferreirós, polo seu bo facer, e a todos os   alumnos e alumnas   que deron voz aos poemas. Eis, o programa: I. Apertura a cargo de Sálvora Ferreirós, alumna do IES Xelmírez, e mantedora do acto. II. Lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega realizada por   Xoana Lema Barcia e Carolina Silva Rey (IES Rosalía de Castro). III. Lectura multilingüe do poema “Adiós ríos, adiós fontes”, por parte do alumnado IES Xelmírez. 1. Galego: Xela Rodríguez 2. Xapon

Mudamos fronteiras por pontes, con Guadi Galego

Mañá, xoves, o IES Arcebispo Xelmírez baleira as aulas e abre as portas para acoller a Guadi Galego. Con ela mudaremos fronteiras por pontes! Veredes o resultado en breve.

Temos gañadoras do Concurso de Chapas!

Parabéns a Marina Salgado López (4º ESO A), gañadora do certame co deseño "Conserva o galego. Convérsao" e a Ana López Estrada (4º ESO C), finalista!

Luns visítannos Xulia Alonso, María Solar, Marta López e Luísa Martínez

Hoxe será un luns literario! A actitude que me impresionaba na miña avoa Rosa, o que me facía mirala, escoitala, prestarlle toda a miña atención sen saber exactamente o por que era a súa dignidade, a súa capacidade de reivindicar o dereito á memoria, de non renegar, de non ocultar, de non esquecer, de lembrar en voz alta nomes e acontecementos que entón se escondían na sombra do silencio. Futuro imperfecto Coa mesma actitude digna e valente da avoa Rosa, Xulia Alonso, que hoxe terá un encontro literario cos seus lectores e lectoras de 1º bacharelato, escribe este relato autobiográfico. Nel relata a súa baixada ao Inferno das drogas que gobernaron por un tempo a súa vida e as súas decisións. Amor e morte percorren as páxinas da obra. A forza do amor non é quen de impedir a morte, pero permitiralle a Xulia transformar a Nada e reconstruír os elos entre pasado e presente para legarlle a Lucía e a todos nós unha historia chea de vida. E o alumnado de 4º ESO poderá falar de Ciencia e Li

Celebramos o Día Internacional da Lingua Inicial

“Para fomentar o desenvolvemento sostible, os educandos deben ter acceso á educación na súa lingua materna e noutros idiomas. É a través do dominio da primeira lingua ou lingua materna que se adquiren as habilidades básicas de lectura, escritura e aritmética. As linguas locais, especialmente as minoritarias e indíxenas, transmiten culturas, valores e coñecementos tradicionais, desempeñando así un papel importante na promoción dos futuros sostibles”.                                                                                                                                UNESCO O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez, co desexo de converter este día nunha xornada festiva que convide á reflexión, deseñamos un completo programa de actividades do que vos damos conta a seguir. A nosa gratitude para todo o profesorado e o alumnado que coas súas achegas o fixo posible. 1.  Relatorio de Max Jean Zins , xeopolítico e d

Conmemoramos o Día do Holocausto

Como cada ano, o 27 de xaneiro no IES Arcebispo Xelmírez lembramos o día da liberación dos campos de concentración e exterminio de Auschwitz.  Desta volta, grazas á colaboración do Equipo da Biblioteca, EDL e os departamentos de Alemán, Música e Xeografía e Historia, desenvolvemos un completo programa de actividades no que o alumnado tivo un papel moi activo. Velaquí: 1. Exposición na biblioteca. Conformábana 20 láminas con fotografías do Holocausto (1933- 1945). Acompañadas de textos con testemuños reais das vítimas, informes e diarios de testemuñas oculares, así como o extracto dun discurso de Heinrich Himmler. Levaban cadansúa unidade didáctica para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que permitiu traballar a II Guerra Mundial e o Holocausto nas aulas de Historia. 2. Visitas guiadas á exposición para o resto do alumnado do centro. 3. Encontro con Daniel Edelstein, profesor de Física de Partículas na USC, cuxa familia padeceu a persecución nazi. 4.  Emisión