Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Soñámonos LIBRES!

Crime no barrio de San Pedro

O popular barrio compostelán de San Pedro acolle a segunda edición da Semana da Novela Negra. Organizada pola Libraría Pedreira, as xornadas inclúen debates, presentacións e performances. Será entre o 29 de marzo e o 7 de abril nas rúas que se dispoñen entre a avenida de Lugo e a entrada ao casco vello pola Porta do Camiño. Farán parte do programa escritores e escritoras ben expertos practicantes do xénero -Domingo Villar, Pedro Feijóo-, ben os que realizaron incursións ocasionais -Manuel Rivas, Bieito Iglesias. Na iniciativa colaboran, amais da propia Libraría Pedreira, 37 estabelecementos do barrio. Algúns deles ofrecerán actividades relacionadas co xénero negro policial. Mais en realidade a Semana de Novela Negra conta xa cun prolegómeno. Da man do escritor Héctor Cajaraville, un misterio atravesa San Pedro. Polos locais e comercios colaboradores, unha serie de pistas orientan ás que queiran participar para resolver unha serie de crimes “cun modus operandi moi específic

Como facer banda deseñada

Recorda que o 31 de marzo remata o prazo de presentación de traballos para o VII Certame de Banda Deseñada "AXI" ,   convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os Departamentos de Debuxo, Artes Plásticas e Imaxe do noso centro.  Se aínda non remataches a tarefa, bótalle unha ollada ao seguinte recurso.  Aproximación ás características do cómic from xanocebreiro on Vimeo .

II Certame de poesía, relato curto e microrrelato

Participa no II Concurso de poesía, relato curto e microrrelato, promovido pola escola Waldorf Meniñeiros. Categorías: Categoría A: entre os 8 e os 11 anos Categoría B: entre os 12 e os 14 anos Categoría C: entre os 15 e os 18 an Data límite de presentación dos traballos : 29 de abril. Premios: 1º premio: vale para asistir ao campamento Waldorf Meniñeiros de verán 2019 durante 3 días (estancia diurna) e material escolar Waldorf por valor de 30 euros. 2º premio: material escolar Waldorf por valor de 30 euros. II Certame Meniñeiros (1) by Olga Iglesias on Scribd

Bonus Track

E as letras das cancións son ou non literatura?

La isla de los espejos

Martes, 12 de marzo, Anna R. Figueirido no club Lecturas Compartidas

Hai un mes os lectores adultos do club  Lecturas Compartida s reuniámonos para falar de Una noche en el paraíso , de Lucía Berlín .  Desta volta, a proposta que nos fai Carme Moure é Os bicos feridos , ópera prima coa que Anna R. Figueiredo gañou o  I Premio Viadutos de Novela. Achégate á biblioteca o martes 12 de marzo, ás 18:30, e teremos ocasión de compartir café e palabra coa autora da obra. Anna R. Figueiredo estréase na literatura cunha primeira novela á altura das grandes obras que nacen dun amplo goce da lectura. Porque, como adoita dicirse, antes que escritores debemos ser lectores, pois este oficio só se aprende a base de ler moito e variado. Quero dicir con isto que  Os bicos feridos  non semella unha opera prima , pois nela actívanse mecanismos ficcionais que parten dun  gran coñecemento da escrita , cunha certa  dose de contención  e de palabras ditas a media voz. “ Sobrevivir é doado, temos totalmente desenvolvido un instinto para gara

Mañá unímonos á proposta de Dora a desbrosadora, unha brava do país!

Daquelas que non cantan as pombas nin as flores