Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

Encontro literario con Eva Mejuto

Felices lecturas!

Precisamos as historias para entender o mundo e para entendernos; para vivir outras vidas, para marabillarnos de todo o que a existencia nos dá. E o soporte privilexiado para chegar a elas está nos libros, que conteñen os soños, as ideas, a imaxinación, os sentimentos e as experiencias das persoas, das que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Agustín Fernández Paz O profesorado do IES Xelmírez achégavos un feixiño de recomendacións literarias, co desexo de espertar en vós soños e ilusións.

Navegación de infinitos

Anímate e participa connosco o martes 30 de abril, ás 18:00h , no obradoiro literario que propón Carlos Arias para o Club de lectura de adultos.  Na navegación de infinitos realizaremos unha lectura colectiva a partir dun poema descoñecido. Coa Palabra sobre palabra procuraremos, segundo afirma Carlos, unha experiencia moi gratificante, que nos permita tamén desenvolver capacidades moi necesarias para a nosa vida cotiá. A riqueza da poesía levaranos a descubrir significados ata o infinito; relacións, perspectivas diferentes. Tamén nos permitirá achar novas ideas, a partir das propostas que formulan as máis persoas; explorar novos enfoques, saborear outras perspectivas. Abertas estas portas, poderemos aplicar a experiencia para afrontar probas de coñecemento ou entrevistas de traballo; para expor proxectos e, en xeral, para comunicarmos calquera idea importante para o noso desenvolvemento. Para as persoas que gozan coa lectura, aparecen estes valores engadidos; pa