Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

Cecilia Segade, 3º Premio de relato Novos Talentos

Parabéns a Cecilia Segade Fergús, alumna de 2º ESO, gañadora dun 3º premio no concurso de relato curto Novos Talentos de Coca Cola. Que este sexa o inicio dunha longa e premiada traxectoria!

Por puntos, mañá no club Lecturas Compartidas

Achégate mañá ás 18:00h á biblioteca e terás ocasión de coñecer un pouco mellor a Marité, Adela, Santi, Adolfo, Paco, Tupé... e todos os personaxes que cobran vida neste engaiolante relato.  Farémolo da man do seu creador: Manuel Portas. Agardámoste!

O galego da Xente de a pé

"... E por derriba, o señor Fraguas"

Todos os vellos contan historias. O meu avó paterno tamén acostumaba facelo e, como case todos os galegos que coñezo, narraba de viva voz cunha emoción tan auténtica que parecía que contaba cada historia por primeira vez, inclusive a si mesmo. Non era certo: repetíaas con frecuencia, pero a pesar de que todos as coñeciamos de memoria, tíñanos pendentes duns relatos que mesmo agora se seguen contando na mesa, aínda que el xa non estea. Cando eu era un rapaz, A Estrada tiña Instituto. Eran outros tempos, os profesores eran moi duros, pegaban e todo se aprendía de memoria. Pero un, o señor Fraguas, era radicalmente diferente aos demais. De familia campesiña humilde (falaba galego mellor que castelán), ao mirarlle os ollos vías a unha boa persoa, e ao escoitalo, a un sabio. E ademais, queríanos. Tiña uns trinta anos e xa era catedrático, o único do Instituto. Daba xeografía, aínda que para el iso incluía todo o que nos rodeaba. Levábanos continuamente de excursión e ensinábanos o nom

Mil primaveras máis para a nosa lingua!

O IES Xelmírez I deséxache un feliz Día das Letras.

A illa de todas as illas