Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

30 de setembro, Día Internacional da Tradución

Cada 30 de setembro, dende 1991, celébrase o Día Internacional da Tradución para render homenaxe ao importante labor que tradutores e tradutoras desenvolven nun mundo cada   vez máis globalizado. Da boa saúde dunha lingua dan conta, entre outros factores, o número de traducións realizadas e, neste sentido, o galego é aínda unha lingua rexa, xa que se atopa entre as 50 linguas do mundo por número de libros traducidos.   En Bivir, a Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego , podes acceder a algúns deles. Longa vida!