Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Berta Dávila visitaranos o martes

Agardámoste o martes, 3 de decembro, no club de lectura de adultos. Desta volta poderemos compartir a palabra coa autora da novela gañadora do Premio García Barros. 

Certame de Fotografía Matemática

Recorda que mañá remata o prazo do Certame de Fotografía Matemática convocado pola nosa biblioteca e o Departamento de Matemáticas! BASES:  1.   Participantes . Poderá concursar calquera membro do alumnado que presente unha obra inédita, que non fora premiada ou seleccionada noutros certames.   2.   Tema . O tema é a relación da nosa contorna coas matemáticas. As imaxes deberán estar relacionadas co mundo matemático nas súas múltiples manifestacións (xeometría, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar...) 3.   Datos ténicos :     A s fotografía s poderán ser en branco e negro ou en             cor.  Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima         calidade.    D eberán levar cadanseu título que faga referencia de maneira orixinalao contido matemático da obra, así como unha breve descrición dos elementos matemáticos que o autor ou autora tentou captar.       O  número de imaxes por

Falando de O último barco

Magnífico o pouso que deixou a xuntanza arredor de O último barco . Domingo Villar non puido asistir ao noso centro pero respondeu amablemente o cuestionario lector de Palabras Compartidas que queremos compartir con vós.  Igrexa de Tirán   1.    O último libro que liches... Sálvora , de Julio Vilches. 2.    O libro que mudou o teu xeito de pensar... Foron dous: Gaia , de James Lovelock e os Ensaios, de Montaigne. 3.    Un libro que relerías... Releo cada non demasiados anos A illa do tesouro , de Stevenson. 4.    Un libro que recomendarías. Dos recentes recomendaría Una lección olvidada , de Guillermo Altares e máis Herido leve , de Eloy Tizón.   Se ten que ser novela recomendaría Cualquier otro día , de Dennis Lehane (malia non ser tan recente coma os outros). 5.    Un dos primeiros libros que liches na escola... Charlie e a fábrica de chocolate de Roal Dahl. 6.    O libro que non remataches de ler... 7.    A autora ou o autor do que máis libros tes