Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Boas Festas

De roteiro literario con Héctor Cajaraville

Magnífico o roteiro literario que os alumnos e alumnas de 3º ESO fixemos o martes. Once portas , lectura obrigada deste trimestre, achegounos á historia da nosa cidade, e o seu autor, Héctor Cajaraville, conduciunos por cada unha das portas da antiga muralla; e mesmo por esa onceava porta da que nada se sabe, pero á que nos remite o topónimo Poxigo do Souto.  Grazas, Héctor, polo teu tempo e por axudarnos a coñecer un pouco máis a nosa contorna. 

Berta Dávila estivo con nós

B   co B saudamos a Berta, esta conveciña compostelá que, malia a súa xuventude, xa ten un lugar de seu na literatura galega. Pero tamén eliximos o b para falar da beleza que conleva a palabra poética nesta obra, escrita con pulso de miniaturista e que precisa ser lida con pupilas miopes, atendendo a cada punto. E o E da enfermidade que ás veces pode aparecer repentinamente coma o cabalo negro dun carrusel no que xiramos todos, arriba e abaixo, saudando desde a roda.   R co R que relaciona a música e as matemáticas porque a única diferenza entre elas é o fío, a narrativa e é de aí de onde nace a devoción da protagonista polas caixas de música, carentes totalmente de narrativa pero pletóricas de encanto. T o T da tempa dereita, acariñada polo avó Gonzalo cos dedos cheos de cinsa que transformaban o signo do abandono e do desamparo en signo de amor. Esa mesma cinsa que   cobre de tal maneira os seus libros que un non debería ser quen de soprar sobre eles sen t

Educando contra a violencia

Educamos contra a violencia porque o noso alumnado será o responsable de crear unha sociedade máis igualitaria, e cremos no poder da educación para levala a cabo.