Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

I Ciclo de Cinema Galego do IES Xelmírez I

O cinema galego entra nas nosas aulas, da man do profesorado de Imaxe e Son. Contaremos coa presenza dos directores e directoras.  Parabéns a José Antonio  Cascudo, Cristina Iglesias, Lucas Rey e Roberto Rodríguez Carballada pola iniciativa. Que haxa máis! 3 de marzo, 10.45 h Matria (Álvaro Gago, 2018) Un día calquera na vida de Ramona, empregada nunha conserveira da costa galega, unha muller con dificultades de comunicación no traballo, onde unha figura masculina inaccesible exerce o poder, e na súa casa, onde o seu marido, a quen tamén “serve”, lle resulta igual de infranqueable. Ramona, heroína silenciada, unha muller exhausta que encontra o seu único refuxio na complicidade da filla e da neta. 3 de marzo, 16.30 h Encallados (Alfonso Zarauza, 2013) Un director de cinema ten que reescribir o guión dun filme sobre o Prestige en poucas semanas. Para isto conta coa axuda de dous recoñecidos guionistas, mais o proxecto non semella avanzar como deber

Xornadas Calviño 2020

Aínda estás a tempo de matricularte nas Xornadas Calviño 2020, que se desenvolverán na Aula Magna do noso centro os días 3, 4 e 5 de marzo. A formación de 12 horas está recoñecida pola Consellería de Educación. Xornadas Calviño para a Dinamización Lingüística by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

Celebramos o Dia da Muller e a Nena na Ciencia

Queremos que as nosas nenas e mulleres teñan espazo de seu no mundo, tamén no da Ciencia.  O noso agradecemento a  Marisa Souto Grandel ,  Carmen Mariño Martínez  e  María Jesús Mascareñas Alonso  por achegarnos referentes femininos.

O Entroido de Carlos Casares

Merdeiros, Pantallas, Madamas e Galáns, Peliqueiros, Cigarróns, Xenerais do Ulla, o Oso de Salcedo, Choqueiros, Felos, Volantes, Foliós... É tempo de Entroido e as nosas máscaras xa están na rúa. A festa, a mofa, a catarse colectiva e os excesos impóñense sen freo. Pero non sempre foi así. Na ditadura as máscaras estaban prohibidas para evitar os excesos carnais nunha España hipócrita e mesmo  por medo á rebelión e á protesta contra o réxime. Carlos Casares cóntanos nun precioso artigo publicado por La Voz de Galicia  en marzo do 2000 como as xentes de Xinzo sortearon as imposicións da autoridade e converteron o entroido de Xinzo no que é hoxe: un dos grades de Galicia. TEMPO DE MÁSCARAS, POR CARLOS CASARES Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria non está xa moi fresca para lembrar sucesos tan lonxanos. O que s

Diario dun enterro

Transcorreu outra agradable xuntanza falando de literatura, desta volta Diario dun enterro , de Gonzalo Hermo . Agardámosvos na próxima! Velaquí as respostas de Gonzalo ao noso cuestionario lector.  1.       O último libro que liches... La ciudad, de Mario Levrero. 2.       O libro que mudou o teu xeito de pensar... O amante , de Marguerite Duras. 3.       Un libro que relerías... A esmorga , de Eduardo Blanco Amor. 4.       Un libro que recomendarías.... Ganga , de Antón Lopo. 5.       Un dos primeiros libros que liches na escola... Espantallo amigo , de Xosé Neira Vilas. 6.       O libro que non remataches de ler... O Ulysses , de Joyce. 7.       A autora ou o autor do que máis libros tes... Chus Pato. 8.       Un libro que esteas a ler... Sylvia, de Leonard Michaels. 9.       Un libro que levas tempo querendo ler... Á procura do tempo perdido , de Proust. 10.    Que cita literaria che gustaría compartir... «O importante non é o que signif

O IES Xelmírez I coa Muller e a Nena na Ciencia

RELATORIOS: 9:35- 10:25 . Niveis 4º ESO B, C. Lugar Biblioteca Marisa Souto Grandel : "Vida e obra de Ángela Ruíz Robles" 10: 45- 11:35 . Niveis 1º ESO A, B, C. Lugar Aula Magna Carmen Mariño Martínez : " O caso Jennifer e John, sexismo na ciencia" 11:35- 12:25 . Niveis 3º ESO A, B. Lugar Aula Magna Carmen Mariño Martínez : " O caso Jennifer e John, sexismo na ciencia" 11:35- 12:25. Niveis 3º ESO C, 4º ESO A. Lugar Biblioteca Marisa Souto Grandel : "Vida e obra de Ángela Ruíz Robles" 12:45- 13:50 . Niveis 2º ESO A, B, C. Lugar Aula Magna María Jesús Mascareñas Alonso : "Científicas no IES Xelmírez I"

Diario dun enterro no Club Lecturas Compartidas

i

III Certame de microrrrelatos convocado por PuntoGal e pola RAG

Quita a escritora/or que levas dentro e participa no certame de microrrelatos convocado pola RAG! Recorda que o prazo de presentación remata o 29 de febreiro SOBRE OS TEXTOS Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos. O tema dos microrrelatos é libre Cada participante poderá presentar un único microrrelato As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído) en letra Arial 12 e 1,15 puntos nas interliñas PREMIOS DA CATEGORÍA XUVENIL Primeiro premio : Play Station 4, un lote de libros xuvenís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal. Segundo premio : Kindle, un lote de libros xuvenís, un dominio gratuíto.gal durante un ano e merchandising de PuntoGal. Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.  Bases III Concurso Microrrelatos RAG Puntogal by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

21 Días co Galego e+ no IES Xelmírez I

Celso Fernández Sanmartín, o noso grupo de teatro Vai no dentista e o alumnado que asistiu ao obradoiro de baile tradicional foron os encargados de pechar hoxe os 21Días co Galego e+ no IES Xelmírez I. Quedan atrás catro meses de traballo intenso que deixan un pouso agradable. O material gráfico non é quen de recoller a emoción dun proxecto no que alumnado, profesorado, persoal non docente e familias traballaron conxuntamente e deron, con largueza, o mellor de si. Agardamos que, dende o respecto polo propio, contribúa a crear unha cidadanía máis crítica, máis segura de si, e máis competente para elixir libremente a lingua na que queira expresarse.  Dinamizacion recreos21 DcGe+ by Biblioteca Xelmírez I on Scribd