Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Dillo a quen maltrata

    A oficina de Igualdade do Concello de Lalín convoca a XVII edición do concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" e a VIII  do “Concurso de Tuits contra a Violencia de Xénero ”. Anímate a participar e une a túa voz contra o maltrato! Consulta aquí as bases para o concurso de Cartas/ Chíos    Recorda que o prazo remata o 5 de novembro  Concurso de cartas: 1º premio : Tablet Android 10,1” 32 GB 2º premio : Tablet Android 7” 8 GB 3º premio : Lector de libros multimedia 7” 4 GB  Concurso de Chíos:  Tablet Android 32GB 10.1” e un diploma acreditativo   Querido papá: Sabes que sempre fun a pequena, a forte, a insistente, aquela que construíu un camiño de ansiedade ó redor dos teus pasos, un camiño redondo, para que te perdeses, para que non saíses dese círculo de inverno, para que non foses quen de volver a casa, para que nos deixases en paz, a min, ás miñas irmás e, sobre todo, a mamá, a esa mamá silenciosa, á mamá que nunca dixo nada, á que calou par

Procedemento para préstamos e devolucións

Dada a especial sensibilidade e a manipulación que supón o préstamo bibliotecario, PARA EVITAR A CONTAMINACIÓN DOS MATERIAIS, queda prohibido que calquera persoa (alumnado, profesorado ou resto da comunidade educativa) colla ou devolva o material directamente dos andeis; só poderán facelo as persoas do equipo da biblioteca. Non se pode coller ou devolver fóra do horario dos recreos.    Préstamo : O préstamo poderá solicitarse de dúas maneiras: A través do correo electrónico da biblioteca: biblioxel12020@gmail.com , indicando nome, apelido, curso e título e autor do libro ou DVD, que se quere levar.   Acudindo á biblioteca ou ao posto instalado na entrada da mesma no recreo  o día asignado para cada curso.  En calquera caso, a petición será atendida ao día seguinte de ter feita a solicitude. O material recollerase na biblioteca ou no posto instalado á entrada da mesma no recreo asignado para cada curso.    Horario dos recreos