Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

O encontro literario con Juan Tallón

Enriquecedora, cálida e interesante foi a nosa tarde de onte acompañadas por Juan Tallón.  O proceso de creación literaria, a elección de espazos e personaxes, o porqué dun título en inglés, a denuncia de temas incómodos ou o mapa das feridas que produce unha traxedia foron algúns dos temas abordados.  Grazas, Tallón, agardamos que non tarde en saír do prelo a nova obra. Achegámonos a Rewind... Co R da reconstrución dunha traxedia que fai que moitas cousas cambien a partir desa noite, porque é un golpe de vida e os golpes de vida moven  do seu sitio orixinal as cousas seguras, que sempre foron de determinada maneira. Co R dos personaxes que non queren rebobinar ante descoñecidos, pero que sobreviven instalados nun rebobinar constante, indo de adiante cara atrás continuamente. Pero, sobre todo, co R de Resiliencia porque esta non é unha obra de morte e destrución senón de vida, na que cada final se converte no comezo de algo novo. O día perfecto deixa de selo, pero a vida segue

Que le Juan Tallón?

Falamos de lecturas con Tallón e tamén contestou o noso cuestionario lector. Velaquí.  1 . O  último libro que liches... Hamnet , de Maggie O’Farrell. 2 .  O libro que mudou o teu xeito de pensar... Non son consciente de ter un xeito de pensar. Moitos libros vanme levando dun sitio a outro. 3.   Un libro que relerías... El legado de Humboldt , de Saul Bellow. 4. U n libro que recomendarías... Ventajas de viajar en tren , de Antonio Orejudo. 5.   U n dos primeiros libros que liches na escola... ¿? 6.   O l ibro que non remataches de ler... El libro del buen amor , entre moitos outros. 7.   A  autora ou o autor do que máis libros tes... César Aira e Paul Auster 8.  U n libro que esteas a ler... Harvey , de Emma Cline 9.   U n libro que levas tempo querendo ler... Oblomov , de Ivan Goncharov 10.  Q ue cita literaria che gustaría compartir... Tú escribe (Moncho Tallón).  

Tallón, escritor, xornalista e filósoso

Juan Tallón reflexiona sobre a metaliteratura, a creatividade e a fronteira entre realidade e ficción.

Juan Tallón acompañaranos en Palabras compartidas

O vindeiro martes, 23 de marzo, ás 18:00h reunirémonos para intercambiar opinións sobre a lectura deste mes: Rewind .  Anímate a participar, desta volta temos a sorte de contar co autor!  

8 de marzo

Por todas as que nos precederon e as que han vir, polo camiño que resta por percorrer, non haberá volta atrás.  

Reforza con libros as paredes da túa mente

Reforza con libros as paredes da túa mente e o temporal da estupidez non fará nunca mella na túa morada.  (Texto e imaxe tirado de El blog de Antón Rodicio )