Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

En Nada L er é unha festa!

Es aquello que lees cuando no tienes que hacerlo, lo que determina lo que serás.                   Óscar Wilde Eis unha presadiña de suxestións, co desexo de que goces das Festas na compaña dun bo libro. Recomendacions lectoras adultos- by Olga Iglesias on Scribd Recomendacións Lectoras ESO by Olga Iglesias on Scribd

Vinte preguntas, o gran xogo dixital da cultura popular galega

  Nace Vinte Preguntas , o gran xogo da cultura popular galega que vén de presentar VINTE . É dixital, e está pensado para xogar en calquera dispositivo , dende o ordenador de sobremesa ao teléfono. Pódese xogar de maneira individual ou con ata 4 participantes, sempre que todos estean xuntos. Cada persoa que xogue conta con catro quendas de cinco preguntas con distintas dinámicas e nivel de dificultade . Pódense acumular puntos positivos e negativos, e quen máis positivos teña é quen gaña. As preguntas abordan a cultura popular galega de amplo espectro: da música aos deportes, pasando pola historia recente, o cinema ou historias cotiás das nosas vilas e cidades.  Anímate e xoga cos teus, sen  saír da casa e combatendo a COVID.

Radiofusión abre unha votación para escoller o “Libro galego de 2021”

A programación das emisoras de radio municipais galegas (Radiofusión) iniciou esta segunda feira un proceso participativo para escoller antes do remate deste 2021 o "Libro galego do ano" . Para poder participar empregarán as súas redes sociais de twitter (Radiofusionga e Radio Fene) facebook (Radiofusión e A Fenestra de Radio Fene) e Instagram (Radio Fene). Como agasallo, entre as persoas participantes sortearanse 5 lotes de 5 libros cada un. O período de votación está aberto ata as 12 horas do xoves 30. A sexta feira 31 de decembro darase a coñecer o Libro Galego do Ano 2021 e máis as 5 persoas participantes afortunadas que recibirán o agasallo. Le a nova enteira en Nós Diario.    

Conta-me um clássico

O pasado luns a profesora portuguesa Vanda Patricia Pinto visitou o noso centro para presentar o libro Conta-me um Clássico . Esta obra xurdiu da necesidade de facilitar o achegamento do seu alumnado de Formación Profesional á literatura. Así, a partir da escrita de cuartetas, trata de transmitirlles, dun xeito lúdico e sinxelo, as principais características das obras e autores da literatura do seu país. A finalidade última é espertar o gusto pola lectura e movelos a ler as obras orixinais a partir das que foron creados estes poemas. Manuel de Cal Vidal, alumno de 4º de ESO, e Laura Calviño Míguez, de 2º ESO, foron os seus anfitrións e encargáronse de abrir e pechar o acto respectivamente. 

De amor e desamor

Ser quen de identificar os sinais de alarma nunha relación tóxica é algo que sabe facer con mestría o noso alumnado de 4º de ESO. Xulgade por vós mesmas estas infografías realizadas despois da lectura de Amor amargo.  Tamén Narf, interpretando a Rosalía, dá coas claves dos "Bos amores".   

Bonnes fêtes

Écrire aux amies, fêter aussi Noël en français à la bibliothèque. Merci, Rosaura.      

Agasalla en galego

Este Nadal acórdate do comercio local e non esquezas agasallar en galego. Velaquí múltiples ideas para as túas compras. 

Una legión de señoras en bata

  En estos asuntos la voz de los antepasados es la única que cuenta y, hasta donde la memoria me alcanza, mi abuela siempre la llamó bata o mandilón. Es una especie de vestido sin mangas confeccionado con tela fina de cuadritos, tipo mantel, u otro estampado menudo. Hay dos modelos tradicionales, el cruzado, atado en la cintura, y el suelto, cerrado con botones. En invierno se usan por encima de la ropa normal y en verano como vestidos.   Este artigo da xornalista Bibiana Candia foi Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba.  Le o artigo completo en Letras Libres  

Eu tamén son booktuber: Enrique Montero fálanos de Esta noite hei de ir a verte

Enrique Montero fálanos, coma sempre, con humildade e bo facer, da súa última lectura.

Eu tamén son booktuber: María Balboa fálanos de Esta noite hei de ir a verte

María Balboa Pedrouso, alumna de 3º ESO, achéganos outra crítica literaria. 

Piso Franco, unha app literaria ao teu alcance

Unha aplicación para teléfono móbil que achega contidos literarios novos cada semana cun pago por subscrición anual. Esta é a proposta que o xornalista, crítico e escritor Camilo Franco realiza en Piso Franco, o seu último proxecto no campo das letras.  A aplicación recolle de partida unha selección de relatos equivalente a un libro. O proxecto é accesible nas tendas de aplicacións de Apple e Android, cun prezo de lanzamento de 9,99 euros por ano ata o 15 de xaneiro. A partir de entón o prezo da subscrición será de 14,99 euros anuais. Todos os contidos están dispoñibles en galego, portugués, inglés e castelán.  Le a nova completa en Cultura   galega org.    

Encontro literario con Beatriz García Turnes

Se grata foi a lectura de Esta noite hei de ir a verte , non o ha ser menos desvelar os segredos da súa escrita coa autora. Beatriz García Turnes visitaranos o vindeiro xoves.    </

O poder da cultura

Marabillosas declaracións de Almudena nas que nos recorda a importancia dos libros que lemos, das películas que vemos e da música que escoitamos. A cultura devén indispensable na construción da nosa identidade e da nosa felicidade.  

Virtudes (e misterios), a próxima lectura de Palabras Compartidas

  Virtudes (e misterios) Premio Blanco Amor 2019, será a próxima lectura do noso club de adultos.  Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor. Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que