Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Fixeches xa o teu bookface?

 Está listo o teu bookface? Se non o fixeches aínda, espílete porque arrancamos!  

Día de Castelao e Día da Ilustración

 O 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, conmemórase o Día da Ilustración, dedicado nesta ocasión a Reimundo Patiño   (1936-1985), pintor e pioneiro da BD galega.  Como o bo tempo convida a saír á rúa, propoñévosvos un roteiro literario polos espazos vitais máis relevantes na traxectoria literaria do autor rianx eiro.    

Terra

De Galicia, para o mundo.   

27 de xaneiro: Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

  Conmemorar a barbarie, amosala para evitar que se volva repetir, velaquí o principal obxectivo da exposición que hoxe inauguramos na Biblioteca do IES Xelmírez I. Realizada polo profesorado de alemán (Sagrario Torrado- Laureano Araújo), Historia (Lucas Espasandín- Alba Serén) e Filosofía (Uxía Martínez Suárez), no marco do proxecto Tecendo Identidade(s), dá a coñecer o que lles aconteceu aos xudeos alemáns na década dos anos 30.   A mostra, aberta a toda a Comunidade Educativa, organízase arredor de catro temas:  Os xudeos de Alemaña na República de Weimar A política antixudía na alemaña nazi (1933-1938) A reacción xudía ás políticas antixudías nazis A “Kristallnacht”, do 8 ao 9 de novembro de 1938 Ademais, unha parte da exposición pon en relación as xuderías galegas e as do conxunto da Península Ibérica co destino sufrido polos xudeos do Holocausto. Estes, expulsados en 1492, fuxiron a Grecia, Turquía e Europa do leste, levando canda si a nosa cultura, e volvendo sufrir alí a persec

Día da Ilustración 2022, en directo

Dende Facebook e Youtube, en directo. 

Accede dende a casa ao catálogo da nosa biblioteca

  Sabías que dende a túa propia casa podes acceder ao catálogo de libros da biblioteca do instituto?  Pois si! Dende esta URL https://iesarcebispoxelmirez.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-main.pl consulta todos os rexistros cos que contamos, cales están dispoñibles para empréstito, as últimas novidades, os libros máis prestados das últimas semanas... Despois só tes que achegarte nun recreo ou hora libre e levar o libro que máis che interese! 

Certame de relato curto convocado pola EGAP

Se tes entre 12 e 14 anos e che gusta escribir, non o penses e participa no concurso convocado pola EGAP e dotado con substanciosos premios. Consulta as bases completas.       

Falamos de Virtudes (e misterios)

A imaxe quedou incompleta, pero a familia de lector@s segue medrando e onte acollemos con agrado novos membros: Nuria, Judith, Héctor e Xaime. Falamos de Virtudes para que o seu autor nos desvelase algúns misterios. Grazas, Xesús, polas achegas que fan medrar a novela e pola calidez da conversa. E grazas, Carme, pola delicadeza e o mimo das túas vitrinas. Achegámonos á obra: Co   V da valentía de Virtudes que renega da condición de viúva de vivo e acomete en primeira persoa o periplo da emigración. Ela que nin sequera pode compartir co home   a dor infinita de deixar tras de si a nai e as fillas, nin confortarse   no agarimo balsámico de terse un ao outro porque Venezuela non é un país para mulleres.  Co V de vontade de ferro e lume inextinguible que era Virtudes, presente tamén en moitas galegas que se viron obrigadas a emigrar e que a obra visibiliza e dignifica a través deste personaxe poderoso. Pero tamén co V de Venezuela , destino dunha boa parte da emigración galeg

Xesús Fraga responde o noso cuestionario lector

Velaquí as respostas de Xesús ao cuestionario de Palabras Compartidas co que o noso club de adultos inicia os encontros literarios.  O último libro que liches...  Os contos de Siempre quiero ser lo que no soy , de Aloma Rodríguez. O libro que mudou o teu xeito de pensar...  Creo que todos os que lin contribuíron a mudalo: máis que un libro revelador, creo no pouso que van deixando todos. Un libro que relerías...  Releo moito, continuamente: é un gran pracer. Esta semana, anacos de La ciudad de los prodigios e Merlín e familia . Un libro que recomendarías...  R ecomendo en función dos gustos ou necesidades de quen solicite recomendación. E hai tantos libros bos… A semana pasada pedíronme de El Ojo Crítico unha peza sobre un libro e escollín Merlín e familia , así que entendo que é unha recomendación ou algo parecido. Un dos primeiros libros que liches na escola...   Ao escolarizarme en Inglaterra os primeiros libros que lin foron da colección Ladybird. Conservo m