Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Non hai fronteiras para a nosa lingua!

No Xelmírez I conmemoramos o Día da Lingua Inicial e o Día de Rosalía, e uníronse todas as voces para cantar alto e claro que "Non queremos fronteiras para a nosa lingua!".   

Dálles o lugar que merecen!

Artistas, científicas, literatas, astrónomas, matemáticas, bandoleiras, deportistas, músicas… Case sempre invisibilizadas e, polo tanto, inexistentes. Revisa o vídeo, elixe aquela que che gustaría ter sido e logo caracterízate coma ela. Fai unha foto e envíaa por correo a: normalizacionxelmirez1@gmail.com Podes utilizar filtros ou outras ferramentas tecnolóxicas que contribúan a acentuar o parecido entre a túa imaxe e a inicial.  Ponlles corpo, dálles voz e o 8 de marzo devolverémoslles o lugar que lles corresponde de seu! 

Estamos de estrea: radio na Biblio!

Iniciamos as emisións de Radio . Cloe, Iago, Manuel e Laura, de 4º ESO, baixo a dirección da súa profesora Alexandra Pacheco, realizaron este podcast que ía ser emitido o pasado Día da Ilustración.  Longa vida á radio no Xelmírez!   Escucha"Castelao ilustrador" en Spreaker.

Estreamos #BookFaceFriday

    Comezamos a ver os primeiros froitos da campaña "Ler en familia", para estimular o hábito lector nas nosas casas. Neste caso, dende a biblioteca, sumámonos á campaña que está arrasando nas redes cada venres, o #bookfacefriday. Dous alumnos do noso centro animáronse coas portadas de "Verlioka" e "El impostor" . Seriades quen de adiviñar quen son? A participación en actividades da biblioteca dará a partir de agora puntos e ao remate do curso o alumnado con maior puntuación terá unha recompensa a modo de aventura que vos vai encantar! E ti, que vas ler esta fin de semana?

Eternity, nova lectura de Palabras Compartidas

 O martes, 29 de marzo, contaremos coa presenza do autor. Anímate a lela!

II Concurso Nacional de Podcast Escolar de RNE

Agora que imos comezar a traballar coa radio e, dado que en breve seredes xa uns excelentes locutores e locutoras radiofónicos, animádevos a participar no II Concurso de Podcast Escolar, convocado por RNE.  Consulta aquí as bases completas Plazo de presentación: 30 de abril Presentación: la participación se realiza mediante la presentación de un archivo de audio (podcast) que puede tener formato de programa, informativo, reportaje, documental o ficción sonora (cuentos, fábulas, recreaciones históricas...). Puede ser real o inventado, serio o divertido; grabado en directo o con postproducción, con una  duración máxima de 5 minutos y en castellano Premios: La visita de un equipo de RNE al colegio ganador en cada categoría para la grabación/emisión de un programa de radio de emisión nacional. 1 año de plataforma gratuita en Eloquenze.com Un lote de productos de RTVE.  

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A I fase do Concurso Internacional de Leitura en Portugués xa ten gañadores!

A Biblioteca acolleu hoxe a primeira fase do Concurso Internacional de Leitura en portugués, coa participación dun grupo numeroso de alumnado que cursa esta materia nas aulas do noso centro. As obras elixidas para a ocasión foron: O conto da Ilha desconhecida , de José Saramago; Cão Como Nós , de Manuel Alegre. Na categoría de 13-14, A maior flor do mundo , de José Saramago e O rapaz de bronce , de Sophia de Mello. O xurado, constituído por Eduardo Maragoto, Anaísa Esteves e Alexandra Pacheco, premiou a Laura Calviño (2º ESO) e a Diego Calviño (2º Bacharelato). Parabéns e agardamos poder oílos na final en Lisboa!  

Play

A Biblioteca dá moito xogo!

Dende mañá e ata o venres, durante o primeiro recreo, teremos divertidos xogos de mesa, por cortesía de Escondite . Vén xogar á biblio!    

Un club de primeir@!

Os nosos lectores e lectoras son incansables. Velaquí unha xuntanza ben nutrida do Club Lector de Primeir@, que, guiado pola profe Violeta Pérez, fixo unha posta en común de A balada dos unicornios , de Ledicia Costas.  E para seguir aprendendo cousas novas foron ao cinema! Proxección en Númax de Sufraxistas para os clubs de lectura e o alumnado de Igualdade. Moito se sorprenderon algunhas ao saber da loita que houbo que librar para que as mulleres adquirísemos o dereito ao voto.

Xoves e venres, radio!

Este xoves alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a un obradoiro de Podcasting impartido por Arraianos Producións e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Consideramos que é un bo xeito de traballar a oralidade de maneira atractiva e ligar a lingua a algo tan significativo para o noso alumnado como son as novas tecnoloxías, así que mañá tocan outras dúas quendas!

A Poza dos Libros, o noso club máis plurilingüe

As nosas lectoras de A Poza dos libros (Bar de lecturas), guiadas por Rodrigo Rey Beiras, leron este mes Frankenstein ou o moderno Prometeo , a novela de terror gótico da británica Mary Shelley. E lérona, como corresponde, en versión orixinal! Ademais de aprender moitas cousas novas, recreáronnos cun deseño do monstro, de autoría propia, distinto á imaxe que nos ofrece a versión cinematográfica.  Parabéns ao grupo (e ao profe) e a seguir lendo!

Sira