Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Lectura e Familias: Eternity. E a ti, como che gustaría ser recordado?

"Cando alguén morre, que queda, á parte dun nome nunha lápida? Canta xente e durante canto tempo se lembra del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados".    Así comeza a sinopse de Eternity, unha obra de Xosé Monteagudo que é a novidade literaria que queremos promocionar este mes dende o proxecto Lectura e Familias . Para seguir gañando puntos coas propostas da Biblioteca, convidámoste a que animes a algún membro da túa familia a escribir un texto non superior a 150 palabras no que explique como lle gustaría ser recordado ou ben como lle gustaría que se recordase a algún outro familiar que xa non estea connosco. A participación enviarase, ao igual ca todas as actividades deste proxecto, ao enderezo: xelmirezlecturae

Falamos de Eternity con Xosé Monteagudo

A importancia da elección dos esquemas e procedementos narrativos, o proceso da escrita, as relacións interpersoais, o nacemento desta obra... foron algúns dos temas abordados na sesión de onte.  Grazas, Xosé, pola proximidade e a calidez da conversa. Grazas, Carme Moure, polas túas magníficas vitrinas, e, benvida, Ana, á familia lectora do Xelmírez.   E achegámonos á obra de Xosé Monteagudo co:   E - Co E de Eternity , esa empresa que nos sorprende porque fai a eternidade asequible para todo o mundo, (cen euros non semella un alto prezo para garantir a memoria eterna), unha startup que crea o seu propio mercado, cunha idea novidosa, e un carácter temporal, facendo xurdir ao mesmo tempo unha necesidade e o medio de satisfacela. Co E de etiquetas , que se van tecendo cos fíos caprichosos do destino e que deveñen unha especie de nicho cun epitafio de serie. Cal escolleriamos para ler? “ Nómades” “Amor” “Loita e compromiso” “Vidas tráxicas ? Co E de esencia, a esencia do

Tecendo Identidade(s) cunha galega universal: María Casares

O 2022 foi declarado Ano Internacional de María Casares e, dende Tecendo Identidade(s), queremos renderlle a nosa particular homenaxe a unha actriz de culto en Francia que nunca renunciou ao acento nin á súa identidade galega. O alumnado de francés, baixo a dirección de Rosaura Rodríguez García, iniciou o labor de investigación na biblioteca.