Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Renova o teu armario

Cando unha crianza non le, a imaxinación desaparece

Concurso Balbino de relatos

 

Achegándonos á poesía: Alba Iglesias recrea un poema de María Lado

Na Biblioteca, Obradoiro de Escrita Creativa impartido pola Editorial Guiverny!

Gústache escribir e queres mellorar a túa ténica? Apúntate ao Obradoiro de Escrita Creativa, organizado pola Biblioteca e impartido pola Editorial Guiverny : 12 horas de formación en horario lectivo e impartidas por profesionais de recoñecido prestixio.  Hai prazas limitadas, non deixes pasar esta oportunidade!

Achegámonos á poesía: Marta Dacosta recreada por Elena Luaña

Mañá, en Lecturas Compartidas, Hamnet

Recorda que mañá, ás 18:30 h. na Biblioteca do noso centro, tes unha cita para falarmos de Hamnet.   

Achegámonos á poesía actual: Irene Vidal recrea un poema de Yolanda Castaño

Conxugar a palabra, a imaxe e o audiovisual é algo que o noso alumnado fixo con mestría. Nos próximos días deixaremos algunhas mostras, velaquí a creación de Irene Vidal, alumna de 2º  Bacharelato.

Certame de Microrrelatos: 2º premio Perdida. Finalista: La nueva vecina

PERDIDA , o microrrelato presentado por Lara Burke , alumna de 3º ESO e pola súa familia, obtivo un 2º premio. Parabéns! Alda se ha perdido. Sus padres se olvidaron de recogerla y decidió ir andando a casa. El camino habitual está cortado y ha tenido que ir por el bosque. Ha anochecido y no sabe dónde está. Entre sollozos ve una luz a lo lejos y va rápidamente al lugar misterioso. Se trata de una caseta abandonada que aún dispone de electricidad. Alda se sorprende al ver un pequeño estante repleto de libros que su madre le leía de pequeña. Empieza a leerlos para tranquilizarse, y poco a poco su mente empieza a viajar por historias fantásticas de ogros y hadas que le llevan a tiempos pasados de felicidad. Alda se despierta entre mucha confusión, al parecer se quedó dormida en la caseta. Ve a sus padres acompañados de la policía. Inmediatamente los abraza con un brillo especial en los ojos, un brillo que creía que había perdido hace años. Participantes: Lara Burke, Daniel Burke (irmán

Galicia é infinda!

O alumnado de 3º ESO A, baixo a dirección de Luz, a súa profesora de Educación Plástica, deséxavos un bo Día das Letras.   

Para sabermos máis de Florencio Delgado Gurriarán

Deixámosvos o traballo que xenerosamente compartiron compañeiras e compañeiros doutros centros de ensino arredor da figura homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas: Florencio M. Delgado Gurriarán.  O primeiro  foi realizado polo ENDL, a Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Concepción Arenal de Ferrol. A seguir vén o telexornal do CPI dos Dices, coordinado polo profesor Luís Aldegunde.  

Bookfacefriday da semana: Lourenço xograr

Borja Boullón, alumno de 1º Bacharelato C, recoméndanos esta semana Lourenço xograr, que nos conducirá ao mundo medieval da man de Manuel Portas.  E ti, que vas ler esta fin de semana?  

Contesta o cuestionario lector e sigue gañando puntos!

  En que personaxe de novela te converterías?  Cal é a túa mascota literaria favorita?

Resolto o Certame de Microrrelatos, xa temos gañadoras!

Reunido o xurado, acordou outorgar o primeiro premio do Concurso de Microrrelatos a Elena Lamela Vallejo, alumna de 2º ESO. Parabéns, Elena, e que continúes a ser unha magnífica lectora e unha magnífica escritora. María llevaba toda la tarde estudiando. Los apuntes se amontonaban en una columna que amenazaba derrumbarse y en el otro lado los libros formaban otra, como las torres gemelas de Nueva York que derribaron aquellos aviones un 11 de septiembre. María miró las dos pilas de papel y se imaginó que su mesa de color azul era un lago de agua cristalina, y que desde una de ellas se zambulliría para sacarse el calor asfixiante del verano. De pronto, una luz surgió del medio del lago, y ascendió lentamente hasta que la luz desapareció y se rebeló la figura de un hada. Se acercó hacia ella lentamente y le susurró al oído: “ llevo tiempo deseando que alguien me haga protagonista de sus sueños y sé que tú, con tu imaginación, podrás conseguirlo”. María intentó en ese momento agarr

Vés botar unha partida coa nosa baralla literaria?

Marabillosa a baralla literaria feita polo alumnado de 1º de Bacharelato e pola súa profe de Educación Plástica e Visual Natalia Val!  Está agardando por ti. Non queres vir botar unha partida? Tamén podes levala para a casa e xogar en familia!        

Bookfacefriday da semana: Tras la pista del yeti

A familia de Álvaro Fernández Rodríguez, alumno de 3º ESO C, recoméndanos esta semana: Tras la pista del yeti , un  deses libros que hai que ler e que fará as delicias da xente miúda.  " Para mí la amistad es una cosa importante: por eso me voy a buscar al profesor Voltio, desaparecido en el Himalaya siguiendo el rastro del misterioso yeti" E ti, que vas ler esta fin de semana?

E a ti, como che gustaría ser recordado?

O pai de Isaac J. Cañada Sangelow, alumno de 3º ESO,  comunícanos como lle gustaría ser lembrado cando  xa non estea entre nós. 

Como che gustaría ser recordado?

Hai uns días, despois de ler Eternity, botabamos a andar a sección E a ti como che gustaría ser recordado? Hoxe publicamos a primeira achega, unha sentida homenaxe para a querida Marisol, conserxe do Raíña Fabiola que tanta pegada deixou no alumnado do noso centro.