Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Isabelle Alonso fálanos de Morrerei outro día

O vindeiro martes o club de lectura Palabras Compartidas terá a última xuntanza deste curso para comentar  Morrerei outro día . Velaquí un petisco para ir facendo boca.

Somos 1º Premio no Certame Internacional de Curtas de Climántica!

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º da ESO, coordinados pola profesora Teresa Varela Fernández, vén de acadar o 1º Premio no Certame Internacional de Curtas de Climántica. Avalado pola UNESCO e enmarcado nun Erasmus+ neste certame participaron 1500 estudantes de América Latina, Europa e África.  Moitos parabéns polo labor ben feito! Dende Tánger, coordinados pola nosa compañeira Mercedes Neira, tamén participa un grupo de alumnado do Instituto español Severo Ochoa. Velaquí d ous bonitos relatos que presentan a concurso:  Los cuatro y el medioambiente Lilly y el bosque del espejo Recorda que na  páxina do congreso virtual podes votar polos seus e polos nosos traballos. 

Le máis

 

Hasme oír, A banda da loba

De X a X: Xela no Xelmírez

Deixamos unha nova achega á poesía de Xela Arias, feita polo noso alumnado. 

De X a X: Xela no Xelmírez

XXXV Certame de Poesía, María Soliño

Bases do XXXV Certame de Poesía María Soliño En colaboración coa Biblioteca do I.E.S. Mª Soliño 1. Haberá dúas categorías: A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo de E.S.O. B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.   2. Concederanse tres premios na categoría A -Primeiro premio-150 euros. -Segundo premio- 75 euros. -Terceiro premio- 50 euros. 3. Concederanse dous premios na categoría B -Primeiro premio-200 euros. -Segundo premio- 125 euros.   4. Os poemas deberán estar escritos en lingua galega. 5. Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco .   6. Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas. 7. Remitiranse ó I.E.S. María Soliño ( Monte Carrasco, nº 14 / 36940 CANGAS ) nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos : nome, enderezo, teléfono,centro no que cursa estudos e certifica

Darío a diario

Velaquí un falangullo sobre Darío a diario   que nos chega dende Praza Pública.

Dígocho a ti

 

Dígocho a ti

A banda da loba homenaxea a Xela Arias

Morrerei outro día, en Palabras Compartidas

Unha tradución de Isabel Soto e Xabier Ron. O destemido Ángel Alcalá Llach ofrécenos a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na década de 1920, no seo dunha familia de ideas liberais, igualitarias e anticlericais, axiña vive en Madrid o tempo de entusiasmo e esperanza reinante nos prolegómenos da proclamación da II República, cuxa chegada celebra. Xa adolescente, asiste a como o soño de igualdade se esfarela co golpe militar que conduce a unha contenda na que Europa mira cara a outro lado, e, ao cabo, á frustración e ao exilio, no campo de concentración de Saint-Cyprien. A novela retrata con pulso certeiro os valores republicanos, as arelas e tristuras dos que, coma Ángel, pretendían mudar a realidade e loitar contra o escurantismo. Faino cun estilo literario sobranceiro e áxil, sen eufemismos nin equiparacións imposibles, a partir dunha base real: as lembranzas e apuntamentos do pai da escritora, Vicente Alonso Duch, álter

Feliz Dia da Língua Portuguesa

O infinito nun xunco

Eis,  un libro que vén de saír do prelo da  Editorial Xerais e que recibiu o   Premio Nacional de Ensaio 2020. O infinito nun xunco é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... O infinito nun xunco é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente liter