1. O último libro que liches... Tierra de mujeres da poeta e veterinaria María Sánchez (2019). 2. O libro que mudou o teu xeito de pensar Sexual politics , de Kate Millett (1970), que mudou a miña ollada sobre a literatura, o cine, o teatro, á arte e os seus nesgos patriarcais. Xa era feminista cando o lin, mais a partir deste libro apliquei esa ollada tamén á literatura, á arte. 3. Un libro que relerías Releo moitos, mais de escoller un Dart (2002, nome dun río) da poeta inglesa Alice Oswald. 4. Un libro que recomendarías Pecados veniais , de Nazaret López (2022) e os tres citados antes. 5. Un dos primeiros libros que liches na escola Na escola, o Colexio do Sagrado Corazón, Rosales, Madrid, non me mandaron ler ningún libro (os mitos de que o ensino era mellor antes son mentira) , até os 12 anos Las inquietudes de Shanti Andía, de Pío Baroja que resultou inadecuado para a miña idade. Porén, na miña casa, lía todos os libro