Recorda que mañá remata o prazo do Certame de Fotografía Matemática convocado pola nosa biblioteca e o Departamento de Matemáticas!
BASES:
BASES:
1. Participantes. Poderá concursar calquera membro do alumnado que presente unha obra inédita, que non fora premiada ou seleccionada noutros certames.
2. Tema. O tema é a relación da nosa contorna coas matemáticas. As imaxes deberán estar relacionadas co mundo matemático nas súas múltiples manifestacións (xeometría, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar...)
3. Datos ténicos:
- As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor. Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima calidade.
- Deberán levar cadanseu título que faga referencia de maneira orixinalao contido matemático da obra, así como unha breve descrición dos elementos matemáticos que o autor ou autora tentou captar.
- O número de imaxes por participante é ilimitado.
- Acéptanse retoques fotográficos, pero non fotomontaxes.
4. Prazo de entrega. O prazo límite de entrega é o 29 de novembro.
5. Presentación. Deberán presentarse na biblioteca do instituto ou enviarse ao enderezo de correo: biblioxel1@gmail.com. Xunto coa imaxe achegarase un arquivo no que figuren o nome e apelidos da persoa que a envía e curso ao que pertence.
6. Premio. O gañador ou gañadora recibirá unha calculadora científica. A fotografía imprimirase en formato A3, enmarcarase e pendurarase nun lugar visible do centro xunto co nome do autor ou autora e o curso académico ao que pertence.
7. Exposición. Co conxunto das imaxes presentadas realizarase unha exposición.
8. Xurado. Estará constituído por seis membros do profesorado e tres do alumnado do IES Xelmírez I. O premio poderá ser declarado deserto ou, se pola contra a calidade dos traballos o require, engadirse accésits.
9. Todas as obras pasarán a ser propiedade do Departamento de Matemáticas do Xelmírez I, que poderá facer uso das mesmas con fins educativos sinalando, en todo caso, o nome do autor/a.
10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
Comentarios
Publicar un comentario