Ir al contenido principal

Nace Somos Cultura, unha web para fomentar o consumo de contidos en galego entre a xente nova

Estes días púxose en marcha, dende o Campus de Pontevedra, unha páxina directamente encamiñada a fomentar o consumo de contidos en galego entre a mocidade. Trátase da páxina Somos Cultura, impulsada polo estudante Carlos Cerecedo de Comunicación Audiovisual.

Cerecedo optou por centrar o seu proxecto nos contidos que se difunden e consumen a través da Rede, dos que, apunta, “só o 4% están en galego”. Baixo esta premisa, desenvolveu unha plataforma, dividida por áreas, na que as e os visitantes poden atopar os enlaces ás contas de streamers e youtubers que na nosa lingua, a podcasts neste idioma ou aos perfís en plataformas como Spotify de artistas e grupos musicais. 

Do mesmo xeito, SomosCultura tamén reúne unha escolma de influencers que se caracterizan polo uso do idioma e enlaces a diferentes contas de Twitter ou Instagram, organizados á súa vez en subseccións, como humor, gastronomía, entretemento, videoxogos ou medios de comunicación. Tamén achega unha ligazón directa á plataforma Twitch en galego, reunindo unha serie perfís desta rede social.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito