Alessandro Burbank, Tamara Andrés, Ojo Taiye, Nuria Vil, Carlos Negro, Verónica Aranda e Mohamed Abdullah, participantes en Ámeto Mítico, pecharon no noso centro a experiencia da súa residencia literaria e achegáronnos ao feito poético. O acto que, previamente o alumnado imaxinaba académico e aburrido, deviu nunha salva de aplausos fervorosos. Nunca o xénero erguera tanta paixón nas nosas aulas! Grazas a todas elas e eles por demostrarnos que “a poesía non morde” (anque ás veces debería).
Grazas a Eva Rodríguez pola presentación do acto. E parabéns agradecidos a Branca e á Fundación Novoneyra por este magnífico agasallo.
Comentarios
Publicar un comentario