Un espazo para a consulta dos medios

O posto de lectura dos medios xa está ao dispor de todas as persoas usuarias da biblioteca.

As profesoras Inés Montero e Sagrario Torrado dotaron o móbel duns elementos decorativos que suscitan a curiosidade e, á vez, permiten consultar con certa discreción os medios nas distintas linguas impartidas no instituto.




XVII Xornadas dos Clubs de Lectura

Hoxe, nas XVII Xornadas dos Clubs de Lectura, a actriz e escritora Paula Carballeira recibiu o Premio dos clubs de lectura 2025 das mans da directora xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández.




Felisa Segade, Cantareira e Pandeireteira

En colaboración con Xelminovas, do Departamento de Galego, e RadioClic!, o alumnado de 2º ESO (D) realizoulle unha entrevista a Felisa Segade, Cantareira e Pandeireteira.




Conta atrás cara ás Letras Galegas: un podcast diario (10)

Hoxe, no derradeiro podcast desta serie, as profesoras Sara Paz e Sagrario Torrado comparten un conto sobre un castigo divino.

A profesora María José Nieto gravou e editou o podcast.




Conta atrás cara ás Letras Galegas: un podcast diario (9)

Hoxe, as profesoras Sara Paz e Sagrario Torrado van compartir convosco un podcast no que se fala de amor e desamor.


A profesora María José Nieto gravou e editou o podcast.




Conta atrás cara ás Letras Galegas: un podcast diario (8)

Hoxe, as profesoras Sara Paz e Sagrario Torrado vanos presentar un podcast no que se explica o que é un patán.


A profesora María José Nieto gravou e editou o podcast.




Conta atrás cara ás Letras Galegas: un podcast diario (7)

Queredes coñecer un xastre cheio de picardía? Hoxe, as profesoras Sara Paz e Sagrario Torrado van compartir con nós un podcast onde a avoa Dolores vainos deleitar cun conto moi especial que cheira a democracia.


A profesora María José Nieto ocupouse da gravación e da edición.