Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións literarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións literarias. Amosar todas as publicacións

A mellor viaxe, un libro: Frankenstein

Un clásico que non debe faltar nas túas lecturas: Frankenstein, a gran novela de ciencia ficción que nos cuestiona sobre a condición humana.
Mary Shelley empezou a xestala no verán de 1816, un verán chuvioso e sen apenas sol. Talvez estas circunstancias extraordinarias propiciasen este relato de terror, no que non só se conta a historia do mozo científico Victor Frankenstein e o seu "demoníaca criatura", senón que se abordan temas fundamentais da natureza humana plenamente vixentes na sociedade actual. 

Ven buscala á biblioteca!

A mellor viaxe, un libro: Alicia no país das marabillas

 

Deixa que os clásicos te seduzan e ven buscar á biblioteca un exemplar de Alicia no País das marabillas! 
Conta a historia da nena Alicia, que cae polo tobo dun coello e vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome beberaxes e doces máxicos, nada entremedias de animais extravagantes nunha pucharca formada coas súas propias bágoas, entra nun xardín encantado no que estraños personaxes manteñen con ela absurdos razoamentos envolveitos na máis rigorosa lóxica aparente, e logo esperta. Traducírono á nosa lingua Teresa Barro e Fernando Pérez Barreiro.

A mellor viaxe, un libro

 


Cibrán recoméndanos O árabe do futuro, a serie maxistral que marcou os últimos cinco anos no ámbito da banda deseñada europea e que foi traducida a máis de vinte idiomas. Conta a historia real dun adolescente non tan louro, a súa familia franco-siria e unha pantasma.

Ven buscalo á biblioteca!

Booktubers que debes coñecer: Esme

Esme é unha das booktubers españolas con máis seguidoras/es. Na súa canle atoparás todo sobre libros: libros do mes, libros recomendados, libros xuvenís, libros de amor, libros de aventura, libros distópicos, libros levados ao cinema, libros máis vendidos, libros prohibidos, libros que hai que ler...

Na Biblioteca temos un Samaín de medo!

Curtametraxes de terror, Obradoiros de cicatrices e efectos terroríficos, Os vampiros existen, Descubre o enigma de Fibonacci ou perderás unha man, e unha magnífica selección de literatura de terror agardan por ti!


 

Adrián Noia contesta o noso cuestionario lector

 

  1. O último libro que liches... Guedellas de seda e liño, de María Victoria Moreno 
  2. O libro que mudou o teu xeito de pensar... Oryx e Crake, de Margaret Atwood
  3. Un libro que relerías... Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban, de J. K. Rowling
  4. Un libro que recomendarías... Resistencia, de Rosa Aneiros
  5. Un dos primeiros libros que liches na escola... Cando a Terra esqueceu xirar, de Fina Casalderrey
  6. O libro que non remataches de ler... Libro de Buen Amor
  7. A autora ou o autor do que máis libros tes... Margaret Atwood
  8. Un libro que esteas a ler... Los pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán
  9. Un libro que levas tempo querendo ler... O crepúsculo e as formigas, de Méndez Ferrín
  10.  Que cita literaria che gustaría compartir... 
"Cando das civilizacións non quedan máis que as cinzas —replicou—, a arte é o único que perdura. As imaxes, as palabras, a música. As estruturas imaxinativas. O sentido (o sentido humano, vaia), defínese en virtudes delas. Iso tes que admitilo (...)", Oryx e Crake, Margaret Atwood.

Moitas grazas, Adrián.

 

 

O alumnado de portugués rende homenaxe a Saramago no ano do seu centenario

O alumnado de portugués,  coa lectura de textos de Saramago, dá o pistoletazo de saída aos actos cos que dende o IES Xelmírez I queremos honrar o autor portugués no ano do seu centenario. 

Bookfacefriday da semana: Lourenço xograr

Borja Boullón, alumno de 1º Bacharelato C, recoméndanos esta semana Lourenço xograr, que nos conducirá ao mundo medieval da man de Manuel Portas. 

E ti, que vas ler esta fin de semana?


 

Bookfacefriday da semana: Tras la pista del yeti

A familia de Álvaro Fernández Rodríguez, alumno de 3º ESO C, recoméndanos esta semana: Tras la pista del yeti, un  deses libros que hai que ler e que fará as delicias da xente miúda. 

"Para mí la amistad es una cosa importante: por eso me voy a buscar al profesor Voltio, desaparecido en el Himalaya siguiendo el rastro del misterioso yeti"

E ti, que vas ler esta fin de semana?



Bookfacefriday da semana: No soy yo

Desta volta é un membro da "familia do Xelmírez" quen fai a proposta lectora da semana: No soy yo, un libro singular que nos convida a vivir a vida con urxencia.

Agradecid@s pola achega e a colaboración. 

E ti, que vas ler esta fin de semana?


Xosé Monteagudo contesta o noso cuestionario lector

 


 O último libro que liches:

Imaxes roubadas, de Nones Araujo. 

O libro que mudou o teu xeito de pensar:

Literariamente, O ruído e a furia, de William Faulkner. En todo o demais, cada libro que lin puxo o seu gran de area.

Un libro que relerías:

Piccoli equivoqui senza importanza, de Antonio Tabucchi.

  Un libro que recomendarías:

Os Buddenbrook, de Thomas Mann   

Un dos primeiros libros que liches na escola:

O primeiro: La gaviota, de Fernan Caballero, aos 12 anos.

  O libro que non remataches de ler:

Algúns. Todos os que non me atraen despois de ler unhas 100 páxinas.

 A autora ou o autor do que máis libros tes:

Paul Auster, quizais.

Un libro que esteas a ler:

Segunda casa, de Rachel Cusk

 Un libro que levas tempo querendo ler:

O grupo, de Mary MacCarthy.

Que cita literaria che gustaría compartir:

“Resulta abraiante o terror que senten semellantes homes de acción polas palabras. Ningún acto é demasiado sórdido para levalo a cabo, ningún acto lles quita o sono entanto non se lle chame polo seu nome. Niso reside o enorme poder das palabras, que son a única arma dos indefensos”. 

Heda Margolius Kovály

Bookfacefraday da semana: Be Water

A familia de María Elena Lamelo Vallejo, alumna de 2º ESO, achéganos esta semana unha obra ben interesante: Be Water, de Antía Yáñez. Nela, a autora propón un horizonte distópico para imaxinar as consecuencias da crise ecolóxica que vivimos. 

E ti, que vas ler esta fin de semana?


Bookfacefriday da semana: Os nenos da variola

Desta volta a recomendación lectora corre a cargo da familia de Isaac James Cañada Sengelow, alummo de 3º ESO. Achégannos á novela de María Solar, Os nenos da variola, na que se relata a xesta protagonizada por Isabel Zendal e por 22 nenos do hospicio, heroes anónimos que salvarán miles de vidas. 

E ti, que vas ler esta fin de semana?