Claudia Blanco e Cloe Gamallo, alumnas de 1º Bacharelato, entrevistan o profesor de Historia Víctor Santidrián. Este fálanos sobre Enriqueta Otero e a súa traxectoria política, que sobrepasa o periodo da II República.
Claudia Blanco e Cloe Gamallo, alumnas de 1º Bacharelato, entrevistan o profesor de Historia Víctor Santidrián. Este fálanos sobre Enriqueta Otero e a súa traxectoria política, que sobrepasa o periodo da II República.
Se a ti o que che gusta escribir é prosa, este é o teu certame. Participa!
Gústache a poesía? O festival de poesía organizado polo Concello de Santiago conta nesta edición cun certame literario. Participa!
Tema: cambio de clima e legados culturais da vida
Poema: mínimo 14 versos e máximo 55
Prazo: 16 de febreiro
Premios: ESO 300 €. Bacharelato e Ciclos Formativos 1º grao 400€ Premio Respira! by Biblioteca Xelmírez I on Scribd
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Esme é unha das booktubers españolas con máis seguidoras/es. Na súa canle atoparás todo sobre libros: libros do mes, libros recomendados, libros xuvenís, libros de amor, libros de aventura, libros distópicos, libros levados ao cinema, libros máis vendidos, libros prohibidos, libros que hai que ler...
Cantas escritoras e escritores composteláns coñeces? Sabes que outras moitas fixeron referencia nas súas obras á nosa cidade? Un bo número de novelas desenvólvense nas rúas que ti transitas a miúdo, cruzaríaste con algún dos personaxes ou será acaso algún deles veciño do teu edificio?
Visita Compostela literaria, a páxina que vén de poñer en marcha o Concello de Santiago, alí atoparás roteiros, scape room e moita información de interese para saber algo máis do lugar onde vives.
A librería dixital da USC vén de poñer en aberto 40 títulos que integran a colección Esenciais USC, un recurso que serve para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado, e que resume en moi poucas follas o contido dunha materia.
Consúltaos: Libraría Dixital da USC.
HOMENAXE A RITA SUÁREZ AMADO
XVIII CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO E POESÍA
BASES
1ª - Poderá participar todo o alumnado da ESO, Bacharelato e FP que o desexe. As bases serán publicadas na web do instituto e será comunicado a todos os centros da Comunidade Autónoma.
2ª - Estableceranse tres niveis de participación:
I.- 1º e 2º de ESO.
II.- 3º e 4º de ESO.
III.- Bacharelato.
3ª - As obras poderán vir redactadas en Lingua Galega ou en Lingua Castelá.
4ª - O tema será de libre elección polo autor/a. Os relatos ou os poemas deberán ser orixinais na súa totalidade, rigorosamente inéditos. Así mesmo establécese que non poderán ter sido premiados nin seleccionados nun concurso literario anterior e igualmente que unha mesma persoa non pode obter dous premios.
5ª - Nos traballos presentados non constará o nome ou identificación do autor/a, e asinaranse con pseudónimo. Presentaranse nun sobre grande pechado en cuxo exterior figurará o título da obra, a categoría na que concursa (relato curto ou poesía), nivel de participación (I, II, III) e o pseudónimo. No interior do sobre grande, introducirase outro máis pequeno pechado que conterá unha nota cos datos seguintes: título do relato ou poema, nome, apelidos, curso, centro, domicilio e teléfono do autor/a e unha dirección de correo electrónico.
6ª - Os relatos ou as poesías presentaranse en follas de formato DIN A4 escritas a unha soa face, a dobre espazo e como tipo de letra a Times New Roman 12. As obras non deberán exceder os cinco folios. O Xurado resérvase, dunha banda, o dereito a admitir aqueles escritos que excedan lixeiramente a extensión citada, e doutra, o dereito a corrixir aquelas cuestións de ortografía que non se ateñan ás normas académicas correspondentes (RAE para o idioma castelán, RAG para o idioma galego).
7ª - Aceptarase só un máximo de dous traballos por autor/a en cada categoría (relato curto ou poesía).
8ª - A entrega de premios realizarase no Acto-Homenaxe a Rita que terá lugar o 17 de marzo de 2023, no IES Eusebio da Guarda.
9ª - O prazo de admisión dos orixinais finalizará o venres día 16 de febreiro de 2023. A entrega das obras farase directamente na Conserxería do IES Eusebio da Guarda ou por correo á dirección: IES Eusebio da Guarda: Pza. de Pontevedra 20, 15003-A Coruña, especificando “Concurso Literario Rita Suárez Amado”. Só se admitirán os traballos recibidos no Instituto ata o día 16 (incluído o 16, xoves), o cal deberá ser tido en conta por aqueles participantes que non os entreguen directamente na Conserxería.
10ª - A Comisión Organizadora formada por Dona Isabel Ruso de Lago, Dona Benigna Vidal Tomé e Dona Mª Teresa Fraga Cisneros (IES P. Eusebio da Guarda) designará un Xurado Cualificador que será quen decida sobre calquera dúbida que poidan orixinar estas BASES, sendo o seu fallo inapelable.
11ª - O fallo do concurso farase público no acto de entrega de premios da XVIII edición (data por determinar). A Comisión Organizadora resérvase o dereito da publicación dos traballos presentados. Os premiados/as comprométense a entregar as obras por medio do correo electrónico, á organización con vistas á súa futura publicación.
12ª - Os relatos ou poesías orixinais devolveranse a todos os autores/as que o soliciten, nun prazo non superior a tres meses desde a data da votación e comunicación dos resultados. Transcorrido dito tempo, os traballos que non foran reclamados non se devolverán.
13ª - A participación neste Concurso significa a plena aceptación destas Bases e do fallo do xurado.
Para calquera información adicional deberanse dirixir á Vicedirectora, Dª Mª Teresa Fraga Cisneros (881-960060/61 // correo electrónico ies.eusebio.guarda@edu.xunta.es).
Páxina Web: http://www.eusebiodaguarda.com/
O Concello de Lalín organiza o XIX Concurso de cartas Dillo a quen maltrata.
1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres cartas.
2. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro
Xeral do Concello de Lalín (Praza de Galicia 1, 36500 Lalín. Pontevedra), dentro
dun sobre pechado no que figurará XIX Concurso de cartas “Dillo a quen
maltrata”, tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin.org,
indicando no asunto XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”.
3. A temática á que deben axustarse os traballos é: “A violencia de xénero”.
4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión
máxima de dous folios, escritos por unha soa cara a dobre espazo,
preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4.
5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non
presentados en anteriores concursos.
6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os
seguintes: contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), orixinalidade (ata 3
puntos), expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).
O prazo para a presentación das cartas estará aberto ata o 3 de novembro de 2022.
Premios:
1º premio: Tablet 10,4” 32GB valorada en 259,00 €
2º premio: Tablet 10,1” 32GB valorada en 169,00 €
3º premio: Lector de libros tinta electrónica 6” 8GB valorado en 119,00
€
Máis información:
OFICINA DE IGUALDADE
Teléfono: 986 787 060
igualdade@lalin.org
BOP de Pontevedra do 19 de setembro de 2022 e web www.lalin.gal