Bases
A Biblioteca do IES Xelmírez I, dentro do seu programa
Lectura e Familias, convídate a deixar voar a imaxinación e pasar un momento
agradable na compaña dos teus.
En que
consiste?
Na redacción dun microrrelato a partir da imaxe
achegada pola Biblioteca, que se subirá a este blog
(http://bibliotecaxelmirez1.blogspot.com/), ao Facebook
e ao Instagram.
O texto deberá escribirse en familia, mediante a
técnica do folio xiratorio, que consiste en pasar un folio no sentido das
agullas do reloxo e realizar, por quendas, unha achega escrita. Deberán
participar, cando menos, dous membros da familia.
Participación
Está aberto a todo o alumnado matriculado no centro e
ás súas familias.
Sobre os
textos
- A temática desenvolvida deberá ter relación coa imaxe proposta
pola Biblioteca.
- Poderán escribirse en calquera das linguas impartidas
no centro: galego, castelán, portugués, inglés, alemán ou francés.
- Non poderán superar as 150 palabras.
Presentación
O prazo de presentación dos textos remata o día 8 de abril, e enviaranse ao enderezo: xelmirezlecturaefamilias@gmail.com
Xurado
Estará constituído polo equipo de traballo da
Biblioteca e mais representantes do alumnado.
Premio
Acumulables para a selección das persoas que asistirán
a final de curso a unha excursión á Pontenova. Nela realizaranse distintas
actividades; entre elas, a baixada na maior tirolesa de toda Galicia.
Os relatos premiados poderán ver, ademais, incrementada
en medio punto a súa nota na área de
lingua correspondente.