Certame de Microrrelatos en Familia: Participa e gaña puntos!

Bases

A Biblioteca do IES Xelmírez I, dentro do seu programa Lectura e Familias, convídate a deixar voar a imaxinación e pasar un momento agradable na compaña dos teus.

En que consiste?

Na redacción dun microrrelato a partir da imaxe achegada pola Biblioteca, que se subirá a este blog

(http://bibliotecaxelmirez1.blogspot.com/), ao Facebook e ao Instagram.

O texto deberá escribirse en familia, mediante a técnica do folio xiratorio, que consiste en pasar un folio no sentido das agullas do reloxo e realizar, por quendas, unha achega escrita. Deberán participar, cando menos, dous membros da familia.

Participación

Está aberto a todo o alumnado matriculado no centro e ás súas familias.

Sobre os textos

  • A temática desenvolvida deberá ter relación coa imaxe proposta pola Biblioteca.
  • Poderán escribirse en calquera das linguas impartidas no centro: galego, castelán, portugués, inglés, alemán ou francés.
  • Non poderán superar as 150 palabras.

Presentación

O prazo de presentación dos textos remata o día 8 de abril, e enviaranse ao enderezo: xelmirezlecturaefamilias@gmail.com

Xurado

Estará constituído polo equipo de traballo da Biblioteca e mais representantes do alumnado.

Premio

  • 1º Premio: 50 puntos
  • 2º Premio: 30 puntos

Acumulables para a selección das persoas que asistirán a final de curso a unha excursión á Pontenova. Nela realizaranse distintas actividades; entre elas, a baixada na maior tirolesa de toda Galicia.

Os relatos premiados poderán ver, ademais, incrementada en  medio punto a súa nota na área de lingua correspondente.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario