Amosando publicacións coa etiqueta Tecendo identidade(s). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tecendo identidade(s). Amosar todas as publicacións

Tecendo Identidade(s): roteiro virtual republicano

                                                       Francisco Giner de los Ríos

Este ano teceron: 

Alemán (Sagrario Torrado): Generation Wir

Bioloxía (Rosa Blanco): A escola da vida

Debuxo Artístico (Natalia Val): O que nos contan os carteis

Economía (Andrés Fariña): Do local ao social

Educación Física (Toño González/ Juan Oruezabala): O deporte 1ª arma feminista

EDL Vai no dentista (Daniel Baamonde/Sagrario Torrado): Disputa polo voto femenino

Francés (Rosaura Rodríguez): II República e III République française-connexions

Imaxe e Son (Ricardo Spencer): Republicurtas

Lg. Galega (Carme Moure/ Alexandra Pacheco/Olga Iglesias): Xogamos a estar vivas?

Inglés (Rodrigo Ruíz): Atlantismo. Relación entre Galicia e Irlanda a comezos do séc. XX

Historia e Filosofía (Berta Mata/ Nieves López/ Ana Riveiro): A escola da II República

Lengua Castellana (Carolina Bret): Edición do nº 14 da revista Mujeres Libres

Orientación (Aurora Pérez/ Carmela Murcia/ Natalia Rodríguez): Exposicón O Ensino na II República

Portugués (Manolo Portas): Um sonho compartido

Química (Isabel Blanco): A luz invisible de Dorotea Barnés

Xeografía (Raquel Iglesias): Emulando os cadernos de Xeografía da II República.

GRAZAS, tecedor@s. 


Tecendo Identidade(s): Um sonho compartido

Trabalho realizado em pequeno grupo de dois/duas ou trêsalumnos/as pelo alunado de Português, 2º idioma, de 1º curso de Bacharelato, escolhendo as figuras a analisar a partir de uma relação demais de uma dúzia de personalidades portuguesas que mantiveram contatocom intelectuais galeguistas na procura da irmandade linguística e culturalgalego-portuguesa por volta do período da II República Espanhola.

Um sonho compartido by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

Que sabes do ensino na II República?

 

Que sabes do ensino durante a II República? Comproba os teus coñecementos neste kahoot elaborado polo Departamento de Orientación.

Tecendo Identidade(s): Amparo López Jean

Marta Rodríguez Caíño e Sara García Paredes, alumnas de 2º Bach., fálannos da primeira muller en militar no Partido Galeguista e unha das máis importantes activistas da Coruña na época da II República.

Tecendo Identidades: II República e III République française- connexions

O alumnado de 2º ESO traballou as conexións entre as dúas repúblicas: a francesa e a española. As mulleres galegas, María Casares e Araceli González foron figuras imprescindibles desa etapa histórica pola que fomos viaxando na materia de francés e que deixaron impronta na nosa cultura e sociedade. 

Coa profesora Rosaura Rodríguez, o alumnado de 3º ESO, procurou tamén esta conexión investigando sobre material gráfico da época en apoio á II República. As infografías e os "collages" son o resultado deste traballo colectivo e constitúen a achega do alumnado de francés ao proxecto Tecendo Identidade(s).


 


 Araceli González by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

Français Tecendo22 23MARÍACASARES-Compactado by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

Peche de curso, con Vai no dentista

O último día do curso, Vai no dentista representou na súa casa, para o seu público máis entregado a obra que traballamos desde outubro de 2022 ata o mesmo 21 de xuño de 2023.

Con “Allegro” (“Solo de triángulo en re menor, 1º movemento, 2ª parte: allegro (pero non tanto)”), Julio, Leiz, Alexandra, Xaquín, Celia, Martinho, Laura, Mariña, Madó, Cibrán, Olivia, Xoana, Iria, Violeta, Malena, Elsa, Lúa, Hugo, Ana, Guadalupe, Xiana, Paula, cira, Miguel, Carlota e Noa saíron ao escenario co obxectivo de facernos reflexionar sobre a habitual presentación ou expresión de xénero, é dicir, sobre o comportamento exterior, os modais e a aparencia que socialmente se asocian co xénero das persoas, ca feminidade ou ca masculinidade.

A obra presentábase como unha guía práctica para os usuarios e as usuarias da vida en sociedade, para quen desexa disfrutar dunha xestión intelixente das súas relacións sociais, tanto as fáciles como as difíciles. Unha guía para proxenitores e as súas criaturas, xefas e asalariados, usuaries do bus, o taxi, o tren ou o avión..., para quen, en definitiva, quere facer unha vida “normal”.

E todo en clave de humor.

 

 

Tecendo Identidade(s): Generation Wir

Convidámosvos a viaxar con Google earth e descubrir as conexións entre os membros da Xeración Nós e a intelectualidade alemana neste magnífico traballo realizado polo alumnado de alemán, baixo a dirección de Sagrario Torrado. Parabéns para todas e todos os que o fixeron posible, cun especial recoñecemento a Miguel Sobrino que solventou problemas técnicos. A nosa gratitude á súa profesora- sempre xenerosa- co proxecto Tecendo Identidade(s).