Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

RadioClic! - 2023/2024

RadioClic! ten un sitio web propio no que se poden seguir todos os pasos dados para desenvolver os proxectos da radio da biblioteca durante o curso académico 2023-2024, incluída a proposta final.


Durante ese curso académico, participaron na radio na Biblio os departamentos de Alemán, Artes plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Informática, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia, así como o 42,2% do alumnado do instituto. 

Botádelle unha ollada seleccionando a imaxe!


Grazas e parabéns ao alumnado, ao auxiliar de conversa, Paul, e máis ao profesorado participante!





Non hai fronteiras para a nosa lingua!

No Xelmírez I conmemoramos o Día da Lingua Inicial e o Día de Rosalía, e uníronse todas as voces para cantar alto e claro que "Non queremos fronteiras para a nosa lingua!". 

 

A música de Virtudes (e misterios)

Se queres, podes acompañar a túa lectura coa música da novela que Xesús Fraga subiu a Spotify, e recorda que o próximo martes ás 18:00h temos unha xuntanza co autor.

 



De amor e desamor

Ser quen de identificar os sinais de alarma nunha relación tóxica é algo que sabe facer con mestría o noso alumnado de 4º de ESO. Xulgade por vós mesmas estas infografías realizadas despois da lectura de Amor amargo. 


Tamén Narf, interpretando a Rosalía, dá coas claves dos "Bos amores". 

 


Mudamos fronteiras por pontes, con Guadi Galego

Mañá, xoves, o IES Arcebispo Xelmírez baleira as aulas e abre as portas para acoller a Guadi Galego. Con ela mudaremos fronteiras por pontes! Veredes o resultado en breve.