Amosando publicacións coa etiqueta Identidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Identidade. Amosar todas as publicacións

Vai no dentista: Premio Buero de teatro xove!

Orgullo para o IES Xelmírez I, orgullo para as actrices e os actores de Vai no dentista e orgullo para todo o profesorado ao comprobar que, un ano máis, a Fundación Coca Cola nos distingue co galardón autonómico de teatro xove. 

Nos últimos nove anos Vai no dentista foi recoñecido en cinco ocasións, erixíndose gañador entre todos as obras presentadas na nosa Comunidade Autónoma. Non é froito da casualidade senón dun traballo conxunto e continuado ao longo dos cursos no que o rostro visible é o do alumnado mentres que detrás dos focos está o apoio incondicional dos pais e nais, do equipo directivo e de todo o profesorado do centro. 

Cremos no teatro, que se converteu para nós en actividade formativa esencial dentro do proxecto educativo do Xelmírez. O labor desenvolvido trascende a aprendizaxe textual e a formación actoral: música, baile, canto, pero tamén dinámicas de cohesión de grupo, expresión corporal, traballo en equipo... sen esquecer a influencia que este tipo de actividades ten no resto do alumnado. 

Parabéns e forza para seguir ao seu profesorado Sagrario Torrado e Daniel Baamonde!

 

Vai no dentista: teatro para unha xestión intelixente das relacións sociais

Orgullo de ensino público e orgullo do noso grupo de teatro que onte fixo que o Teatro Principal estourase en aplausos coa posta en escena de Solo de triángulo en Re menor. 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto).

A obra é unha guía para os usuarios e as usuarias da vida en sociedade, dirixida a quen desexa gozar dunha xestión intelixente das súas relacións sociais, tanto as fáciles coma as difíciles. Unha guía para proxenitores e as súas criaturas, xefes e asalariados, usuaries do bus, o taxei, o tren ou o avión..., para quen, en definitiva, quere facer unha vida normal, unha vida que pode ser mellor se segue este práctico  manual de intelixencia social.

Integrárona por orde de aparición:

Julio, Leiz, Alexandra, Xaquín, Celia, Martinho, Laura, Mariña, Madó, Cibrán, Olivia, Xoana, Iria, Violeta, Malena, Elsa, Lúa, Hugo, Ana, Guadalupe, Xiana, Paula, Cira, Miguel, Carlota e Noa.

Parabéns a todes. Grazas Daniel Baamonde e Sagrario Torrado por serdes quen de quitar, unha vez máis, o mellor do noso alumnado.  


O Ronsel do Xelmírez, 178 anos na educación e cultura galegas

Sabías que o teu centro educativo se creou en 1845 e que, dende o as súas orixes, foi un lugar de referencia na historia da educación galega?

Visita a exposición O Ronsel do Xelmírez, 178 anos na educación e cultura galegas, que acolle o Pazo de Fonseca dende o 24 de abril ata o 10 de xullo.

 


Sabela Hermida fálanos sobre María Casares e Casares Quiroga

Constanza Dapena e Carlota Real, alumnas de 1º de Bacharelato, entrevistan a Sabela Hermida, unha actividade que tenta poñer en valor as mulleres significativas na II República no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na II República. 

 

Mulleres de noso!

Reivindicamos as mulleres tamén este 8 M cunha instalación de fíos violetas na entrada do centro. Se entrades nela, veredes fotos das nosas nais, avoas e doutras que nos precederon e axudaron e axudan a construír país. 

Dende o proxecto Tecendo Identidade(s) na II República e dende a actividade "Ela nun minuto", do Departamento de Lingua e Literatura Galega, coñecemos a historia destas mulleres porque forman parte da nosa historia e é de xustiza darlles visibilidade. 

Honrando a Rosalía

O alumnado de 1º ESO, baixo a dirección da súa profesora Chelo Millán Varela, rendeulle homenaxe á matriarca das nosas letras.  

 

21 de febreiro, Día da Lingua Propia

Nós queremos axudar a enriquecer o mundo coa nosa diferenza.

                                                                                                  Luís Seoane

Por que nacín enxeñeira?

Eva Cernadas García, impartiu o luns dúas sesións no noso centro destinadas a desmontar os prexuízos cos que, en ocasións, as rapazas miran o ámbito científico. Por que nacín enxeñeira, en 4º ESO e Informática e Bioloxía para 2º. Ogallá que as nosas alumnas vexan cada vez con maior claridade que poden ser o que elas queiran ser. 


 

Queda instaurado o tempo de D. carnal: o Meco manda!

Queda instaurado o tempo de D. Carnal e o caos e a desorde reinarán ata o Mércores de Cinza. A máxima autoridade no Xelmírez I será o Meco e todos os membros da comunidade educativa deberán cumprir cada día a súa manda!

Luns: chapeu

Martes: pano ao pescozo

Mércores: lentes

Xoves: pixama