Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisual. Amosar todas as publicacións

RadioClic! - 2023/2024

RadioClic! ten un sitio web propio no que se poden seguir todos os pasos dados para desenvolver os proxectos da radio da biblioteca durante o curso académico 2023-2024, incluída a proposta final.


Durante ese curso académico, participaron na radio na Biblio os departamentos de Alemán, Artes plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Informática, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia, así como o 42,2% do alumnado do instituto. 

Botádelle unha ollada seleccionando a imaxe!


Grazas e parabéns ao alumnado, ao auxiliar de conversa, Paul, e máis ao profesorado participante!





E gañamos o Olloboi!

Parabéns a Cecilia Segade, a Laura Murado e á súa profe Carme Moure por este galardón, que pon en valor o seu labor e a validez dun proxecto no que cremos!


 Mira a curta

Hábito e Xogamos a estar vivas: María Miramontes; finalistas no Olloboi!

Esta noite fállase o festival Olloboi 2023 e o noso alumnado ten dúas curtas finalistas!

Hábito, finalista ao mellor guión:

Unha viaxe inquietante á mente dunha adolescente. Unha curtametraxe realizada por alumnado de 2º Bacharelato na materia optativa de Imaxe e Son durante o curso 2022-23. Dirección e guión: Martín Serantes Varela, Antón Cerdeira Vázquez, Juan Calvo Álvarez e Manuel Cabido Menéndez. Montaxe: Martín Serantes Interpretación protagonista: Sofía Álvarez Castro.
 
 
 E Xogamos a estar vivas: María Miramontes, finalista á mellor curta de divulgación; un traballo realizado por Laura Murado e Cecilia Segade, alumnas de 2º de Bacharelato, no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na República, no     que realizan unha magnífica semblanza sobre unha das mulleres máis influíntes na sociedade compostelana da época.
 
 

Filmírez volve este xoves!


Filmírez, o club de cinema do Xelmírez, volve este xoves e farao para analizar dúas obras clásicas que son todo un referente: A máquina do tempo e As viaxes de Gulliver. Agardámoste, coma sempre, ás 15 h. na Biblioteca. 

 

Pioneiras, dende Galicia para o mundo!

Orgullo do propio ao contarmos con mulleres coma Paula Cons. Orgullo, asemade, ao sabermos que somos unha potencia de primeira orde no sector audiovisual, que dende a periferia tamén se pode ser universal, que petamos forte no mundo e que, por riba, a diferenza do que ocorre no resto dos lugares e nun ámbito tan masculinizado, as produtoras executivas en Galicia son mulleres.

Rachamos moldes porque neste país de viúvas de vivos e mortos as mulleres colleron sempre as rendas e foron donas de si!

Grazas a Candela Castro pola presentación e grazas a AGAPI pola semente. 

Roteiro Elas: Paula Cons estará connosco

Mañá, ás 10:45h, na Biblioteca teremos connosco a unha compostelá de pro: Paula Cons. 

Paula visita o noso centro no marco do roteiro Elas produtoras, un proxecto da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), que ten como finalidade potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción audiovisual.



 

De cicatrices e costuróns

Un experto na materia,  alumnado con gana de aprender e un equipo completísimo, velaquí os ingredientes cos que esta tarde na Biblio se xeraron cicatrices e costuróns fondos coma os que deixa a vida.

A partir de agora contamos xa cun equipo de especialistas que nos axudarán a vestir as mellores galas no Samaín. 

Grazas, Ricardo, polo teu tempo e o teu saber.