Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

 



O Xelmírez I únese á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia participando nunha nova edición de “COÑÉCEAS”, actividade organizada por ASEICA (Asociación Española de Investigación sobre o Cancro) coa fin de dar visibilidade ás científicas que investigan sobre o  cancro, romper estereotipos de xénero e animar ao alumnado e, en particular, ás mozas, a que se interesen pola Ciencia.

O día 8 febreiro tivemos a oportunidade de falar directamente cunha verdadeira “DETECTIVE DO CANCRO”, Lucía Sanjurjo Bouza, investigadora no CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas ) especialista en  Nanomedicina para tratamento do cancro.

https://twitter.com/ASEICAnews

https://www.usc.es/cimus/esTEÑO

 

25 de novembro: contra a violencia, educación

Sen pólvora e cun ramo de magnolias

Algúns reclaman a liberdade pro meu pobo.

Eu, en troques, esixo tenrura pro meu sexo. 

                Carlos Negro

Un ano máis o Equipo de Igualdade promoveu a conmemoración dunha data que queremos borrar do calendario. Mentres tanto, cómpre educar para que o feminismo non sexa unha zona de acceso restrinxido. 



 


María Casares segue entre nós

O ano de María Casares aínda non rematou e nós seguimos traballando o exemplo desta galega universal. Velaquí os magníficos retratos da actriz feitos nas aulas de Educación Plástica polo alumnado de 1º de bacharelato, baixo a dirección de Natalia Val. E velaquí tamén o bo uso que deles soubo facer a compañeira Carme Moure, autora da vitrina. 


Pioneiras, dende Galicia para o mundo!

Orgullo do propio ao contarmos con mulleres coma Paula Cons. Orgullo, asemade, ao sabermos que somos unha potencia de primeira orde no sector audiovisual, que dende a periferia tamén se pode ser universal, que petamos forte no mundo e que, por riba, a diferenza do que ocorre no resto dos lugares e nun ámbito tan masculinizado, as produtoras executivas en Galicia son mulleres.

Rachamos moldes porque neste país de viúvas de vivos e mortos as mulleres colleron sempre as rendas e foron donas de si!

Grazas a Candela Castro pola presentación e grazas a AGAPI pola semente. 

Roteiro Elas: Paula Cons estará connosco

Mañá, ás 10:45h, na Biblioteca teremos connosco a unha compostelá de pro: Paula Cons. 

Paula visita o noso centro no marco do roteiro Elas produtoras, un proxecto da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), que ten como finalidade potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción audiovisual.



 

Certame Dillo a quen maltrata

 

 O Concello de Lalín organiza o XIX Concurso de cartas Dillo a quen maltrata.

1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres cartas.


2. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Praza de Galicia 1, 36500 Lalín. Pontevedra), dentro dun sobre pechado no que figurará XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”, tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin.org, indicando no asunto XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”.


3. A temática á que deben axustarse os traballos é: “A violencia de xénero”.

 
4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos por unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4.


5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.


6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os seguintes: contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), orixinalidade (ata 3 puntos), expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).

O prazo para a presentación das cartas estará aberto ata o 3 de novembro de 2022.

Premios:
1º premio: Tablet 10,4” 32GB valorada en 259,00 €
2º premio: Tablet 10,1” 32GB valorada en 169,00 €
3º premio: Lector de libros tinta electrónica 6” 8GB valorado en 119,00 €

Máis información:
OFICINA DE IGUALDADE
Teléfono: 986 787 060
igualdade@lalin.org

BOP de Pontevedra do 19 de setembro de 2022 e web www.lalin.gal 

Cartas premiadas en 2021