RadioClic! ten un sitio web propio no que se poden seguir todos os pasos dados para desenvolver os proxectos da radio da biblioteca durante o curso académico 2023-2024, incluída a proposta final.
RadioClic! - 2023/2024
Compostela no Medievo: Diego Xelmírez
Que sabes deste galego poderosísimo que dá nome ao teu centro? Escoita a Brais, Martín, Mateo e Pablo.
Compostela no Medievo: Códice Calixtino
Como era a nosa cidade no século XII? Con que perigos se enfrontaba o peregrino que chegaba de Francia? Que pobos e que igrexas ían nacendo á par do camiño? Destes e doutros aspectos de interese dá conta a Guía do Peregrino, libro V do Códice Calixtino, unha xoia da literatura e da música medieval, da que nos falan María, Ane, Sofía e Nerea Yanina.
Compostela no Medievo: Ser muller na Idade Media
Radio teatro para conmemorar o 25 de abril
O alumnado de português de 1º e 2º ESO conmemorou o 25 de abril recordando a Revolução dos Cravos. E para iso gravaron dúas pezas de radioteatro, tituladas, respectivamente, A ação militar e popular no dia 25 de Abril de 1974 e O País das Pessoas Tristes.
Esperemos que gocedes ao escoitalas!
Escucha"Radio Teatro #25AbrilSempre (1)" en Spreaker.
Escucha"Radio Teatro #25AbrilSempre (2)" en Spreaker.Radio na Biblio: Reimundo Patiño
E seguimos cos podcast de radio feitos baixo a dirección de Alexandra Pacheco. Desta volta o alumnado de 4º ESO fálanos de Reimundo Patiño.
Estamos de estrea: radio na Biblio!
Iniciamos as emisións de Radio. Cloe, Iago, Manuel e Laura, de 4º ESO, baixo a dirección da súa profesora Alexandra Pacheco, realizaron este podcast que ía ser emitido o pasado Día da Ilustración.
Longa vida á radio no Xelmírez!
Escucha"Castelao ilustrador" en Spreaker.II Concurso Nacional de Podcast Escolar de RNE
Agora que imos comezar a traballar coa radio e, dado que en breve seredes xa uns excelentes locutores e locutoras radiofónicos, animádevos a participar no II Concurso de Podcast Escolar, convocado por RNE.
Consulta aquí as bases completas
Plazo de presentación: 30 de abril
Presentación: la participación se realiza mediante la presentación de un archivo de audio (podcast) que puede tener formato de programa, informativo, reportaje, documental o ficción sonora (cuentos, fábulas, recreaciones históricas...). Puede ser real o inventado, serio o divertido; grabado en directo o con postproducción, con una duración máxima de 5 minutos y en castellano
- La visita de un equipo de RNE al colegio ganador en cada categoría para la grabación/emisión de un programa de radio de emisión nacional.
- 1 año de plataforma gratuita en Eloquenze.com
- Un lote de productos de RTVE.
Xoves e venres, radio!
Este xoves alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a un
obradoiro de Podcasting impartido por Arraianos Producións e patrocinado pola Secretaría
Xeral de Política Lingüística.
Consideramos que é un bo xeito de traballar a oralidade de maneira atractiva e ligar a lingua a algo tan significativo para o noso alumnado como son as novas tecnoloxías, así que mañá tocan outras dúas quendas!