Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

RadioClic! - 2023/2024

RadioClic! ten un sitio web propio no que se poden seguir todos os pasos dados para desenvolver os proxectos da radio da biblioteca durante o curso académico 2023-2024, incluída a proposta final.


Durante ese curso académico, participaron na radio na Biblio os departamentos de Alemán, Artes plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Informática, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia, así como o 42,2% do alumnado do instituto. 

Botádelle unha ollada seleccionando a imaxe!


Grazas e parabéns ao alumnado, ao auxiliar de conversa, Paul, e máis ao profesorado participante!





Os nosos libros xigantes

Así de atractivos locen os nosos libros xigantes elaborados polo alumnado da ESO para conmemorar o Día do Libro. O noso agradecemento a: 

Carolina Bret, María José Balo, Teresa Carballo, Antonio González, Iria Leis, Breogán Martínez, Chelo Millán, Carme Moure, Alexandra Pacheco, Rosaura Rodríguez, Rodrigo Ruiz,Xaime Suárez e Sagrario Torrado, que acompañaron e foron cómplices no proceso.

 

No Día do Libro: coma nen@s con libros novos!

Rebumbio, algarabía e ilusión arredor do libro e da lectura. MARABILLOSA a complicidade do claustro que converteu esta data nun día tan especial! 

 

Ducias de boas lecturas agardan por nós para celebrar o Día do Libro!

Agardan nas vitrinas ducias de libros bonitos, empaquetadiños, que os nos@s amig@s invisibles elixiron para nós. Que nervios agardar a mañá para abrilos!




Que nos suxiren os libros? Construíndo lectura

 Que nos suxiren os libros? Con esta premisa o alumnado da ESO está a construír os seus libros xigantes, un por aula, cos que adornaremos mañá os corredores do centro.

 

 




Tecendo Identidade(s)na República: "Sea el libro nuestro mejor amigo"

"Sea el libro nuestro mejor amigo" reza un dos preciosos carteis que se fixeron durante a II República para fomentar a lectura. Con el e con outros 20 máis que transmiten o potencial revolucionario da universalización da cultura, quixemos render homenaxe a ese período da nosa historia no que as Bibliotecas ocuparon un lugar central na preocupación dos gobernantes. 

Logo, conscientes de que os libros son unha arma poderosa, viñeron desarmarnos coa queima de miles de obras nas prazas públicas de Amboaxe e Armas en Ferrol, e na Dársena da Coruña, camiño do Parrote, tal como  nos conta Manolo Rivas en Os libros arden mal...

 

Mulleres de noso!

Reivindicamos as mulleres tamén este 8 M cunha instalación de fíos violetas na entrada do centro. Se entrades nela, veredes fotos das nosas nais, avoas e doutras que nos precederon e axudaron e axudan a construír país. 

Dende o proxecto Tecendo Identidade(s) na II República e dende a actividade "Ela nun minuto", do Departamento de Lingua e Literatura Galega, coñecemos a historia destas mulleres porque forman parte da nosa historia e é de xustiza darlles visibilidade. 

Microteatro de Vai no dentista, para celebrar o Día da Lingua Inicial

O Equipo de Dinamización fíxonos un excelente agasallo o Día da Lingua Inicial, sorprendeunos cun extenso programa de representacións teatrais inesperadas que correron a cargo do grupo Vai no dentista. 

Longa vida ao grupo e parabéns á organización. 

Honrando a Rosalía

O alumnado de 1º ESO, baixo a dirección da súa profesora Chelo Millán Varela, rendeulle homenaxe á matriarca das nosas letras.  

 

21 de febreiro, Día da Lingua Propia

Nós queremos axudar a enriquecer o mundo coa nosa diferenza.

                                                                                                  Luís Seoane

Por que nacín enxeñeira?

Eva Cernadas García, impartiu o luns dúas sesións no noso centro destinadas a desmontar os prexuízos cos que, en ocasións, as rapazas miran o ámbito científico. Por que nacín enxeñeira, en 4º ESO e Informática e Bioloxía para 2º. Ogallá que as nosas alumnas vexan cada vez con maior claridade que poden ser o que elas queiran ser. 


 

Queda instaurado o tempo de D. carnal: o Meco manda!

Queda instaurado o tempo de D. Carnal e o caos e a desorde reinarán ata o Mércores de Cinza. A máxima autoridade no Xelmírez I será o Meco e todos os membros da comunidade educativa deberán cumprir cada día a súa manda!

Luns: chapeu

Martes: pano ao pescozo

Mércores: lentes

Xoves: pixama


Certame Respira, convocado polo teu Concello. Participa!

Gústache a poesía? O festival de poesía organizado polo Concello de Santiago conta nesta edición cun certame literario. Participa!

Tema: cambio de clima e legados culturais da vida

Poema: mínimo 14 versos e máximo 55 

Prazo: 16 de febreiro

Premios: ESO 300 €. Bacharelato e Ciclos Formativos 1º grao 400€

 Premio Respira! by Biblioteca Xelmírez I on Scribd