Ir al contenido principal

Peche de curso, con Vai no dentista

O último día do curso, Vai no dentista representou na súa casa, para o seu público máis entregado a obra que traballamos desde outubro de 2022 ata o mesmo 21 de xuño de 2023.

Con “Allegro” (“Solo de triángulo en re menor, 1º movemento, 2ª parte: allegro (pero non tanto)”), Julio, Leiz, Alexandra, Xaquín, Celia, Martinho, Laura, Mariña, Madó, Cibrán, Olivia, Xoana, Iria, Violeta, Malena, Elsa, Lúa, Hugo, Ana, Guadalupe, Xiana, Paula, cira, Miguel, Carlota e Noa saíron ao escenario co obxectivo de facernos reflexionar sobre a habitual presentación ou expresión de xénero, é dicir, sobre o comportamento exterior, os modais e a aparencia que socialmente se asocian co xénero das persoas, ca feminidade ou ca masculinidade.

A obra presentábase como unha guía práctica para os usuarios e as usuarias da vida en sociedade, para quen desexa disfrutar dunha xestión intelixente das súas relacións sociais, tanto as fáciles como as difíciles. Unha guía para proxenitores e as súas criaturas, xefas e asalariados, usuaries do bus, o taxi, o tren ou o avión..., para quen, en definitiva, quere facer unha vida “normal”.

E todo en clave de humor.

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito