E fomos recoller o noso Premio Buero Vallejo!

Onte, 18 membros de Vai no dentista foron a Pontevedra, invitados pola Fundación Coca-Cola e os Premios Buero de Teatro Xoven como premio por sermos os gañadores da vixésima edición dos premios a nivel autonómico.

O magnífico agasallo foi un encontro no Teatro Principal de Pontevedra con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, as integrantes de A Panadaría: https://apanadaria.com/

A curiosidade da rapazada do grupo non tiña fin e ellas foron encantadoras con nós.

Despois, a Fundación Coca-Cola convidounos a merendar e a ver Elisa e Marcela, unha auténtica marabilla de espectáculo cunha montaxe aparentemente modesta, pero unha actuación soberbia.

Volvemos encantades e con ganas de máis teatro.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario