Lectura e Familias: Eternity. E a ti, como che gustaría ser recordado?

"Cando alguén morre, que queda, á parte dun nome nunha lápida? Canta xente e durante canto tempo se lembra del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados". 

 

Así comeza a sinopse de Eternity, unha obra de Xosé Monteagudo que é a novidade literaria que queremos promocionar este mes dende o proxecto Lectura e Familias. Para seguir gañando puntos coas propostas da Biblioteca, convidámoste a que animes a algún membro da túa familia a escribir un texto non superior a 150 palabras no que explique como lle gustaría ser recordado ou ben como lle gustaría que se recordase a algún outro familiar que xa non estea connosco.

A participación enviarase, ao igual ca todas as actividades deste proxecto, ao enderezo: xelmirezlecturaefamilias@gmail.com. Cada unha das achegas recibirá 20 puntos e o prazo de presentación remata o 15 de abril.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario