O Galo Quirico - VERSIÓN COMPLETA

Compartimos con vós a versión completa do proxecto que realizou a profesora Carme Moure co seu alumnado de 1o ESO.




NOTICIA - Galego ecolóxico

Baixo a batuta da profesora Cris Díaz, e despois de facer o Podcast, editalo e publicalo, os rapaces de 1 B e C, traballaron a noticia e crearon as súas propias sobre o podcast.




EXPOSICIÓNS - Símbolos celtas & moda ligada á tradición oral

A exposición cos proxectos do alumnado de 2º BAC de deseño está no vestíbulo do instituto: acércadevos e descubride o seu traballo!




PROXECTO COMPETENCIAL - Os contos e os estereotipos

Baixo a batuta da profesora Sagrario Torrado, o alumnado de 2o ESO liu, investigou e analizou varios contos dos irmáns Grimm e creou un guión para divulgar o que atoparon sobre o nexo entre os contos e a transmisión de prexuízos e estereotipos. Cando remataron, crearon a música empregando a Intelixencia Artificial e gravaron o seu proxecto seguindo ás indicacións da profesora María José Nieto. E, finalmente, editaron o podcast de éxito colaborativo, aplicando coñecementos adquiridos previamente.




RELIXIÓN - A orixe da vida: dos mitos ao 'Big Bang'

Dirixido pola profesora Teresa Abalde, o alumnado de ESO 2º de Relixión católica estudou os mitos sobre a orixe da vida, a crenza de que o universo é unha creación divina e mais a teoría física do Big Bang, e escribiu o guión para un podcast sobre este tema.

O alumnado tamén creou a música do podcast con intelixencia artificial, e finalmente gravou o proxecto seguindo as indicacións da profesora María José Nieto. Para rematar, a coordinadora de RadioClic! guiou dúas alumnas do grupo, Martina Otero e Alba Iglesias, nos traballos de edición.




Acto de entrega do II Premio BREVITER de microrrelatos

O 17 de xuño de 2025, a gañadora e mais o gañador do II Premio BREVITER de microrrelatos recibiron os seus galardóns nun acto ao cal asistiu, entre outras persoas invitadas, Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

O equipo da biblioteca desexa expresarlles o seu agradecemento a todos os membros da dirección do instituto, sen cuxa implicación non sería posíbel organizar este concurso, así como a todo o profesorado que acompañou con profesionalidade e entusiasmo o alumnado participante, estimulando o seu desexo de estudar e de crear.




 

Os símbolos celtas

Dirixido pola profesora Natalia Val, o alumnado de bac 2º investigou e debuxou os símbolos celtas. Despois fixo uns carteis explicativos en varios idiomas, que agora están expostos nos corredores do instituto.