Ir al contenido principal

Libre o meu pensamento!


Agradecementos: 

Adrián Aceituno e Brais Merelas, alumnos do CM Vídeo disc-jockey e son, autores das fotografías.
Lucas Rei Seoane, profesor que realizou a montaxe en vídeo.

Honramos á nosa poeta máis internacional cunha poderosa maniFESTacción na que tamén participou o IES Rosalía de Castro e que contou coa colaboración do Concello.

Parabéns a todo o alumnado que traballou con ilusión tanto no deseño das pancartas coma no estudo da obra rosaliana; especialmente a Sálvora Ferreirós, polo seu bo facer, e a todos os  alumnos e alumnas  que deron voz aos poemas. Eis, o programa:

I. Apertura a cargo de Sálvora Ferreirós, alumna do IES Xelmírez, e mantedora do acto.

II. Lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega realizada por  Xoana Lema Barcia e Carolina Silva Rey (IES Rosalía de Castro).

III. Lectura multilingüe do poema “Adiós ríos, adiós fontes”, por parte do alumnado IES Xelmírez.
1. Galego: Xela Rodríguez
2. Xaponés: Miu Abal Ohashi
3. Ruso: Elisazaveta Larina
4. Catalán: Catalina Figueroa
5. Árabe: Assya Laraaich
6. Portugués: Eva iglesias Gómez
7. Éuscaro: Lucía Maiora Rodeiro
8. Francés: Anxo Boquete
9. Alemán: Zaira Raña
10. Inglés: Martín Becerra
11. Italiano: Vera López

IV. Lectura de tres poemas de Rosalía de Castro por parte de alumnado do IES homónimo.

“Daquelas que cantan”. Jaime Candamo López
“Xan”: Teo Gómez López e Celia González Rodríguez
“Tecín soia a miña tea”: Laura Blanco López

V. Peche do acto. Cadea humana arredor da estatua da escritora

Durante a xornada fíxose tamén entrega do premio a Marina Salgado López (4º ESO A) gañadora do I Concurso de Deseño de Chapas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito