Ir al contenido principal

Crime no barrio de San Pedro

Barrio de San Pedro, en Compostela. Foto: Concello de Compostela.

O popular barrio compostelán de San Pedro acolle a segunda edición da Semana da Novela Negra. Organizada pola Libraría Pedreira, as xornadas inclúen debates, presentacións e performances. Será entre o 29 de marzo e o 7 de abril nas rúas que se dispoñen entre a avenida de Lugo e a entrada ao casco vello pola Porta do Camiño.

Farán parte do programa escritores e escritoras ben expertos practicantes do xénero -Domingo Villar, Pedro Feijóo-, ben os que realizaron incursións ocasionais -Manuel Rivas, Bieito Iglesias. Na iniciativa colaboran, amais da propia Libraría Pedreira, 37 estabelecementos do barrio. Algúns deles ofrecerán actividades relacionadas co xénero negro policial.

Mais en realidade a Semana de Novela Negra conta xa cun prolegómeno. Da man do escritor Héctor Cajaraville, un misterio atravesa San Pedro. Polos locais e comercios colaboradores, unha serie de pistas orientan ás que queiran participar para resolver unha serie de crimes “cun modus operandi moi específico”.

“Só queremos que nos axude a descubrir cando e onde se cometerá o seguinte crime, e anticiparse a el”, indican desde a organización. E para iso, “unicamente debe sinalar a resposta que crea correcta, así como o seu nome e apelidos ou pseudónimo” por correo electrónico en libraria@librariapedreira.com ou por whatsapp no 698181833. Haberá premio a primeira persoa que o adiviñe e sorteos entre as que adiviñen pero non de primeiras.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito