Ir al contenido principal

Navegación de infinitos

Anímate e participa connosco o martes 30 de abril, ás 18:00h, no obradoiro literario que propón Carlos Arias para o Club de lectura de adultos. 

Na navegación de infinitos realizaremos unha lectura colectiva a partir dun poema descoñecido. Coa Palabra sobre palabra procuraremos, segundo afirma Carlos, unha experiencia moi gratificante, que nos permita tamén desenvolver capacidades moi necesarias para a nosa vida cotiá.

A riqueza da poesía levaranos a descubrir significados ata o infinito; relacións, perspectivas diferentes.

Tamén nos permitirá achar novas ideas, a partir das propostas que formulan as máis persoas; explorar novos enfoques, saborear outras perspectivas.

Abertas estas portas, poderemos aplicar a experiencia para afrontar probas de coñecemento ou entrevistas de traballo; para expor proxectos e, en xeral, para comunicarmos calquera idea importante para o noso desenvolvemento.

Para as persoas que gozan coa lectura, aparecen estes valores engadidos; para quen teña afeccións distintas, a proposta convida a ver as auténticas posibilidades da lingua, cando acada os seus máximos niveis de significado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito