30 de setembro, Día Internacional da Tradución




Cada 30 de setembro, dende 1991, celébrase o Día Internacional da Tradución para render homenaxe ao importante labor que tradutores e tradutoras desenvolven nun mundo cada  vez máis globalizado.
Da boa saúde dunha lingua dan conta, entre outros factores, o número de traducións realizadas e, neste sentido, o galego é aínda unha lingua rexa, xa que se atopa entre as 50 linguas do mundo por número de libros traducidos.  
En Bivir, a Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego, podes acceder a algúns deles.

Longa vida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario