Aquí hai canteira!

O estudo da prensa devén unha ferramenta indispensable se queremos que o noso alumnado navegue con criterio nos mares saturados de información e de terxiversación da realidade que anegan as redes. 

E o alumnado de 1º ESO iniciouse da man da mellor coñecedora do medio: a súa profesora de Lingua Galega Alexandra Pacheco González. O resultado á vista queda. Parabéns  a este tándem que funcionou á perfección!









Ningún comentario:

Publicar un comentario