Un grupo de alumnas e alumnos de 3º da ESO, coordinados pola profesora Teresa Varela Fernández, vén de acadar o 1º Premio no Certame Internacional de Curtas de Climántica. Avalado pola UNESCO e enmarcado nun Erasmus+ neste certame participaron 1500 estudantes de América Latina, Europa e África.
Moitos parabéns polo labor ben feito!
Dende Tánger, coordinados pola nosa compañeira Mercedes Neira, tamén participa un grupo de alumnado do Instituto español Severo Ochoa. Velaquí dous bonitos relatos que presentan a concurso:
Recorda que na páxina do congreso virtual podes votar polos seus e polos nosos traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario