Bases do XXXV Certame de Poesía María Soliño
En colaboración coa Biblioteca do
I.E.S. Mª Soliño
1. Haberá dúas categorías:
A-Para alumnado de primeiro e segundo
ciclo de E.S.O.
B-Para alumnado de 1º e 2º de
Bacharelato e Ciclos de grao medio.
2. Concederanse tres premios na categoría A
-Primeiro premio-150 euros.
-Segundo premio- 75 euros.
-Terceiro premio- 50 euros.
3. Concederanse dous premios na categoría B
-Primeiro premio-200 euros.
-Segundo premio- 125 euros.
4. Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.
5. Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco.
6. Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas.
7. Remitiranse ó I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 14 / 36940 CANGAS) nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono,centro no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro.
8. Realizarase unha publicación
cos poemas gañadores, da que a organización se reserva todos os dereitos.
9. O prazo de entrega rematará o día 11 de Xuño.
10. A composición do xurado e o seu fallo faranse públicos no acto da entrega de premios, que terá lugar o 21 de Xuño no IES María Soliño, acto ao que se comprometen a asistir as persoas premiadas.
Cangas, 11 de maio de 2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario