Ir al contenido principal

Piso Franco, unha app literaria ao teu alcance

Unha aplicación para teléfono móbil que achega contidos literarios novos cada semana cun pago por subscrición anual. Esta é a proposta que o xornalista, crítico e escritor Camilo Franco realiza en Piso Franco, o seu último proxecto no campo das letras. 
A aplicación recolle de partida unha selección de relatos equivalente a un libro. O proxecto é accesible nas tendas de aplicacións de Apple e Android, cun prezo de lanzamento de 9,99 euros por ano ata o 15 de xaneiro. A partir de entón o prezo da subscrición será de 14,99 euros anuais. Todos os contidos están dispoñibles en galego, portugués, inglés e castelán. 
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Lapbook El principito