Ir al contenido principal

A I fase do Concurso Internacional de Leitura en Portugués xa ten gañadores!

A Biblioteca acolleu hoxe a primeira fase do Concurso Internacional de Leitura en portugués, coa participación dun grupo numeroso de alumnado que cursa esta materia nas aulas do noso centro.

As obras elixidas para a ocasión foron: O conto da Ilha desconhecida, de José Saramago; Cão Como Nós, de Manuel Alegre. Na categoría de 13-14, A maior flor do mundo, de José Saramago e O rapaz de bronce, de Sophia de Mello.

O xurado, constituído por Eduardo Maragoto, Anaísa Esteves e Alexandra Pacheco, premiou a Laura Calviño (2º ESO) e a Diego Calviño (2º Bacharelato). Parabéns e agardamos poder oílos na final en Lisboa!



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito