Comezamos a ver os primeiros froitos da campaña "Ler en familia", para estimular o hábito lector nas nosas casas.
Neste caso, dende a biblioteca, sumámonos á campaña que está arrasando nas redes cada venres, o #bookfacefriday.
Dous alumnos do noso centro animáronse coas portadas de "Verlioka" e "El impostor". Seriades quen de adiviñar quen son?
A participación en actividades da biblioteca dará a partir de agora puntos e ao remate do curso o alumnado con maior puntuación terá unha recompensa a modo de aventura que vos vai encantar!
E ti, que vas ler esta fin de semana?
Ningún comentario:
Publicar un comentario