Carlos Meixide contesta o noso cuestionario lector

 Onte foi un día intenso, con xuntanza de clubs de lectura e actividades que vos iremos achegando en próximas entradas. Visitounos Carlos Meixide  e contestou o noso cuestionario lector. Velaquí: 

1. O último libro que liches... Pasar, de Nella Larsen.

2. O libro que mudou o teu xeito de pensar... París, capital da modernidade, de David Harvey.

3. Un libro que relerías... A Educación Sentimental, de Gustave Flaubert.

4. Un libro que recomendarías... Os contos completos de Chejov, ou autoras como Virgina Woolf e Katherine Mansfield.

5. Un dos primeiros libros que liches na escola... A nosa Cinza, de Xavier Alcalá.

6. O libro que non remataches de ler... El libro negro, de Orhan Pamuk.

7. A autora ou o autor do que máis libros tes... Eça de Queirós e Émila Zola (colecciono edicións en francés das novelas dos Rougon-Macquart).

8. Un libro que esteas a ler... Estou a ler: Lancha rápida, de Renata Adler; El corazón de Inglaterra, de Jonathan Coe e Los Europeos de Osvaldo Figes

9. Un libro que levas tempo querendo ler... Todos os que se amorean na miña mesiña de noite. Non dou lido todo o que pretendo ler

10. Que cita literaria che gustaría compartir... Hai quince días aproximandamente, co inicio da guerra na Ucraína, vinme protagonizando sen pretendelo este controvertido treito do diario de Kafka; ‘Alemaña declaroulle a guerra a Rusia. Pola tarde, fun nadar’. Paréceme en todo caso, unha cita profundamente literaria.

 Moitas grazas.

A vós. Foi un pracer.


Ningún comentario:

Publicar un comentario