A importancia da elección dos esquemas e procedementos narrativos, o proceso da escrita, as relacións interpersoais, o nacemento desta obra... foron algúns dos temas abordados na sesión de onte. Grazas, Xosé, pola proximidade e a calidez da conversa. Grazas, Carme Moure, polas túas magníficas vitrinas, e, benvida, Ana, á familia lectora do Xelmírez. E achegámonos á obra de Xosé Monteagudo co: E - Co E de Eternity , esa empresa que nos sorprende porque fai a eternidade asequible para todo o mundo, (cen euros non semella un alto prezo para garantir a memoria eterna), unha startup que crea o seu propio mercado, cunha idea novidosa, e un carácter temporal, facendo xurdir ao mesmo tempo unha necesidade e o medio de satisfacela. Co E de etiquetas , que se van tecendo cos fíos caprichosos do destino e que deveñen unha especie de nicho cun epitafio de serie. Cal escolleriamos para ler? “ Nómades” “Amor” “Loita e compromiso” “Vidas tráxicas ? Co E de esencia, a esencia do
Comentarios
Publicar un comentario