A semana pasada foi a quenda do club de lectura de 4º ESO, A Poza dos libros (Bar de lecturas), coordinado por Rodrigo Ruíz Beiras. As nosas lectoras achegáronse a un clásico do século XX, Lolita, a obra de Nabókov, o que nos permitiu revisar a versión do prototipo de adolescente perversa capaz de tolear a un adulto que fora instalada no acervo colectivo despois da película de Stanley Kubrick; xa que, tal como afirmara o propio autor da obra hai tempo: " Fóra da mirada maníaca de Mr. Humbert non hai "nínfula".
Ningún comentario:
Publicar un comentario